Esta xornada resultou complicado conxugar puntos e broker, así que é moi difícil avaliala no conxunto (igual é pan para hoxe e fame para mañá). Nos meus equipos en xeral foi moi positiva en valoración, mais gañei moi poucos cartos, cando non os perdín. No meu mellor rematei en 193.2 puntos, que é moi boa puntuación, mais no broker perdín 3000 euros (aínda que cos cambios gañara 157000 respecto aos que tiña antes). Isto ten certo truco, porque nos xogadores exteriores gañei bastantes cartos (agás con Jaime), pero perdín moito cos pivotes, sobre todo con Shermadini e Mirotic; mais estes para min son fixos, tanto me ten que gañen trescentos mil ou os perdan, porque non teño pensado vendelos se non media lesión. O feito de decidir non tocar os catro pivotes (son xogadores que é moi difícil que nun mal día baixen da quincena), por máis que soubese que era cuestión de tempo que perdesen bastante broker, permitiume moita máis flexibilidade nos cambios exteriores, así puiden fichar a Ferrari, Díez e López-Arostegui, que foron a chave da miña gran xornada (70 puntos e 260000 euros gañados entre os tres). Subo máis de 600 postos até o 391º da xeral (tope desta tempada). O meu mellor da xornada fixo 219.6 puntos (20º da xornada). Tamén foi importante manter a aposta de Adams, a pesar do desastre da pasada, porque se non tería que ter quedado con Ejim ou Rivers. Confirma unha vez máis que é importante non perder a cabeza tras unha mala xornada; se a planificación é boa, as cousas adoitan saír ben. A ver agora como logro seguir sendo competitivo con 11.8 millóns.
B
1º
Hannah (13/+15)
Ferrari (32.4/+15)
2º
Senglin (6/+15)
Adams (15.6/+2)
Dimitrijevic (24/+15)
Colom (-1/-2)
3º
Henry (9/+15)
Bellas (13/+15)
A
1º
Prepelic (14.4/-4)
Díez (19.2/+15)
Bouteille (21/+15)
2º
Scrubb (1/-13)
Magee (-1/+11)
Slaughter (13/+15)
J. Fernández (2.4/-11)
Loyd (11/-1)
Barreiro (26.4/+15)
3º
Tokoto (13/+13)
Beirán (9.6/+15)
Urtasun (9/+15)
Rodríguez (8/+15)
López-Arostegui (18/+15)
P
1º
Shermadini (13.2/-7)
Balvin (15/-3)
Dubljevic (9/-7)
2º
Diagne (24/+4)
Shengelia (18/-1)
Omic (18/+1)
Mirotic (14.4/-8)
Thompson (16.8/+15)
3º
Garuba (19.2/+15)
Brodziansky (15/+15)
Ndour (6/+15)
Foi unha xornada con moito acerto na análise, nos que estaban (Ferrari, Dimitrijevic, Diagne…) e nos que quedaron fóra ou bastante abaixo a pesar de seren opcións moi populares (Henry, Beirán, Alocén…). Obviamente, tamén houbo erros de importancia (sempre os vai haber) como Scrubb, Magee ou incluso Dubi. En xeral a lectura da xornada foi moi atinada.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Ferrari (-21)
Dimitrijevic (-18)
Hannah (16)
2º
Henry (14)*
Cook (-4)
Huertas (32)
Delaney (27)
Bellas (-1)
3º
Llull (29)
Alocén (6)
A
1º
Díez (22)
Bouteille (26)
2º
Barreiro (-13)
Eyenga (36)
Seeley (38)
Booker (38)
Slaughter (12)
Loyd (23)
Higgins (20)
Beirán (19)
3º
Garcia (-7)
Urtasun (-10)
P
1º
Mirotic (68)
Shengelia (43)
Shermadini (55)
Balvin (40)
2º
Tavares (31)
Kravic (36)
Garuba (-7)
Fall (32)
3º
Justiz (11)
Dubljevic (34)
Kadji (15)
Nas dúas tempadas anteriores, a estas alturas xa dera por fechada a fase de acumulación. Este ano non é así, en gran medida polo efecto Mirotic. Nos meus equipos aínda estou lonxe de poder fichar todo o que quero e despreocuparme dos cartos. Hai que aproveitar as xa non demasiadas opcións de broker que poden tamén darnos unha boa valoración.
Fuenlabrada – Manresa
(9, 18:00)
@BAS, JOV | OBR, @ZAR
O parte non di nada do xeonllo de Bellas (que leva a amolalo todo este arranque), así que debemos dar por suposto que vai xogar. Segue a ser o único base dispoñíbel, aínda non baixou da decena, xoga na casa e vai subilo todo con tal de non facer negativo. A semana que vén contra o Baskonia xa será momento de darlle saída, mais contra unha defensa amábel como a do Manresa debemos aguantalo. Nos do Bages, Ferrari repite no primeiro banzo. Con el non temos semana tranquila após exhibición. A outra vez rompeuse e nesta anda con problemas estomacais. Viaxou, así que espérase que poida xogar (cómpre estarmos atentos antes do comezo do encontro), aínda que igual non está nas mellores condicións. Dá varias semanas de subas e o Manresa é un equipo diferente con el na pista. O risco é non contar con el. É un encontro moi propicio para Eyenga. Xa non ten a regularidade dos primeiros partidos, pero segue a xogar unha morea de minutos e os de Pedro Martínez dan moitas facilidades na posición. O problema é que coa visita a Vitoria da vindeira é difícil pensar nel alén desta xornada. Á fin vimos un gran encontro de Garcia este curso (contra o seu ex, que raro!). É un xogador con moitísimo talento ofensivo que debería ter bastante máis protagonismo neste equipo, pero non acaba de explotar. O posíbel regreso de Anderson non xogaría ao seu favor, mais por ese prezo e a suba garantida podemos correr o risco se temos que completar con algunha bandeira moi barata. Urtasun está nunhas circunstancias similares.
Canarias – Burgos
(9, 20:30)
@JOV, BET | BET, @EST
Enfróntanse dous dos tres bases que superan o millón. Bassas, a pesar do factor ex, non me parece unha opción fóra de casa e a ese prezo. Tampouco será doado atoparlle un oco a Huertas, mais xoga moitos minutos, de local é un seguro (só fallou contra o Madrid) e ten un calendario interesante por diante. Se non nos temos que preocupar xa do broker, é das mellores opcións. Díez é un fixo que aínda debería subir algo esta semana. Suma moito dende o rebote e o Burgos non é das defensas máis esixentes na posición. Lundberg, aínda que non entra porque non está a ser un xogador regular, pode valernos se precisamos completar con alguén moi barato e que garanta suba. Podemos contemplar a Konate, mais só para cazaxornadas (vén de facer un pico na Champions). Shermadini valorou por debaixo das expectativas na última, porén, non temos ningunha razón para dubidar del. Segue a ser fixo.
Bilbao – Gran Canaria
(9, 20:30)
RMA, @UNI | MUR, @RMA
Cook, que non estaba a valorar tan ben como o curso pasado, saíuse a última semana (MVP) e agora enfróntase contra unha das peores defensas dos uns (4 bases superaron a vintena contra eles nestas primeiras 7 xornadas). Non podemos perder de vista a súa irregularidade na valoración, mais co gran calendario que ten por diante (o Murcia é o que máis valoración recibiu na posición no que vai de curso) e con suba garantida preséntase como unha das opcións máis gorentosas da semana. Bouteille está a dar un nivel altísimo e o Granca ofrece moitas facilidades na posición. Volve ser unha das opcións máis atractivas da xornada. Na seguinte será o momento de darlle descanso coa viaxe a Madrid. Nos canarios o máis interesante é Beirán (que unha vez máis non logrou acadar a decena en Valencia). Debe ser un dos líderes do equipo, está lonxe do seu prezo (aínda que non ten unha suba do máximo barata), o Bilbao é unha defensa media na posición e despois ten un encontro moi favorábel na visita do Murcia. Por dentro, Balvin volverá ser unha das opcións máis atractivas. Está a ser moi sólido (aínda non baixou da decena) e contra o seu ex terá ganas de demostrar o moito que vale (é unha boa semana para que regrese á vintena). Ademais, Costello está a ter moitos problemas para defender a pivotes grandes e a baixa de Bourousis tamén xoga ao se favor. Despois recibe o Madrid, pero o equipo branco é o que está a permitir máis valoración dos pivotes rivais fóra da casa. Costello tamén o pode facer ben (terá moitos minutos coa baixa de Bourousis), mais coido que hai outras opcións máis sólidas esta semana: o Bilbao está a ser un equipo esixente e os canarios adoitan baixar o nivel lonxe da illa.
Obradoiro – Baskonia
(10, 12:30)
@MAN, AND | FUE, VBC
A semana pasada xa dicía que eu agardaría a esta para darlle entrada a Henry (é baixa confirmada) se non o tiñamos (estivo mellor Vildoza contra o Madrid). Semellaba un fixo nesta, mais mancouse na Euroliga e, aínda que regresou e xogou até o final, a súa participación non é segura. Viaxou, así que esperan que xogue, aínda que coxea moito. Se Henry non chegase, Vildoza podería ser unha opción interesante. Tralo negativo da última xornada é complicado pensar en Magee (por iso non entra na listaxe), mais para min non é unha venda obrigada. Coido que o fará ben (10-15), e xa se entra en transo outra vez… Shengelia é fixo (o nocello non será problema, xa xogou con normalidade na Euroliga). Se queremos procurar unha opción diferente ás máis habituais, podemos pensar en Fall. O Obra dá moitas facilidades na posición. Tamén é unha boa opción Kravic. O pivote serbio está a ser un seguro na casa (máis de 23 de media) e o Baskonia permite bastante na posición.
Estudiantes – Andorra
(10, 12:30)
@FCB, BUR | UNI, @OBR
Senglin non é unha venda obrigada contra un Estu que está a dar moitas facilidades na posición, pero xa acadou o seu prezo e o seu compañeiro de posición está en mellor momento. Hannah si que é un dos bases máis interesantes da xornada. Está nun gran momento, o Estu xa facilitou moitos picos na posición este ano e debería subilo todo ou case todo. O rival semellaba propicio para Brizuela, mais ao vasco está a lle custar recuperar boas sensacións trala lesión. Á desconfianza que xeran os dous malos encontros anteriores súmaselle a visita a Barcelona da vindeira. Non semella que sexa o seu momento, aínda que me parece interesante para cazaxornadas. Non pensaría en Diagne para lle dar entrada fóra da casa (a súa valoración cae en máis de 14 de media) e ademais o Estu está a defender con solvencia os interiores de local. O que si ten un bo encontro por perfil é Kadji. Vén dun gran partido e o Andorra está a lle dar bastantes facilidades aos catros. Iso si, só é unha opción para afoutos, porque non é xogador máis regular (tanto se vai á vintena como se marca un negativo).
Betis – Barça
(10, 12:30)
@BUR, @CAN | EST, @MUR
No Betis só podemos contempar o seu mellor xogador dos últimos encontros: Slaughter. Os xogadores do seu perfil están a lle facer dano ao Barça, pasa moito xogo polas súas mans e ten unha suba máis bastante accesíbel. Sobre todo se xa o tiñamos podemos manter a aposta. Se non temos que nos preocupar do broker non é mala opción Delaney. Os bases están a valorar ben contra os sevillanos, Malcolm vén dunha gran xornada (aínda non baixou da decena esta tempada) e sen Pangos nin Heurtel ten moito espazo na posición. Ademais, despois xoga contra o Estu, que concedeu xa uns cantos picos nos bases. Nas ás o Barça ten varias opcións e non é doado acertar. Porén, Higgins fíxoo ben a semana pasada e saíuse contra o Zalgiris na Euroliga. Está a bo prezo e ten un calendario favorábel por diante. Pasada a dobre xornada da Euroliga e o encontro amábel de local da pasada, Mirotic volve ser unha obriga (se acada outra vez os 50 e non o levamos…). Davies, ao prezo tan elevado ao que está, queda máis como unha opción para cazaxornadas (aínda que vén dunha mala xornada na Euroliga no seu regreso a Kaunas, xa sabemos o bo que é, pódese disparar en valoración en calquera partido). Por eses cartos é mellor apostar por un xogador que sexa a referencia do seu equipo.
Zaragoza – Joventut
(10, 17:00)
@VBC, MAN | CAN, @FUE
Os dous equipos chegan en moi boa dinámica (aínda que os maños veñen de perder con claridade na Champions). O Zaragoza marcha segundo cun 6-1 e a Penya gañou nas 3 últimas xornadas. No posto de un veremos enfrontarse a dúas das grandes promesas da liga. Alocén na casa funciona moito mellor (multiplica por 5 a súa valoración até case 11 de media) e o Joventut non é unha das defensas máis esixentes. É unha boa opción barata se procuramos a diferenciación, aínda que non pensaría nel alén desta, porque despois ten unha saída complicada a Valencia. Mellor a longo prazo e incluso máis barato temos a Dimitrijevic. O macedonio leva xa unhas cantas semanas na listaxe, vía moi preto unha explosión que xa se está a producir: superou a vintena tanto na última xornada como na Eurocup. Está moi, moi barato, garante varias semanas de subas, achega unha bandeira e está a se converter nun dos líderes dos verdinegros. O Zaragoza é unha boa defensa na posición, aínda que conta coa baixa de San Miguel. É difícil ofrecer máis por menos cartos e pode ser unha grande axuda se estamos atrasados no broker. Barreiro volveu facer un gran encontro en Burgos. Está ante a tempada da súa confirmación. Fecha moi ben o rebote (iso minimiza as súas posibilidades de tropezo), está a se animar máis en ataque e a súa bandeira, o seu prezo económico e as varias subas que aínda garante fan del unha das opcións case ineludíbeis se aínda precisamos facer caixa. Un dos puntais do Zaragoza está a ser Seeley, moito máis consistente que na súa anterior incursión na ACB, e sobre todo está a ser interesante na casa: 14.4 de chan e máis de 20 de media. Non será doado atopar os 1.2 millóns que xa custa e non o consideraría a máis dunha xornada pola visita a Valencia da vindeira (e seica Dylan Ennis estaría preto dos maños tras rescindir co Mónaco), mais se temos os cartos e podemos permitirnos unha fichaxe de ida e volta, é unha opción moi atractiva. Con Prepelic comezan a xurdir as dúbidas de se paga a pena destinarlle tantos cartos. A gran melloría da Penya, a maior participación ofensiva dos compañeiros, reduciu os seus números. A iso temos que engadir os problemas estomacais que fixeron que se perdese o encontro da Eurocup e que o Zaragoza é unha defensa moi esixente. Esta semana queda fóra da listaxe, aínda que non é unha venda obrigada (seguramente teñamos outros xogadores de troco máis urxente). López-Arostegui deunos unha boa valoración a un prezo inmellorábel na última e está a xogar a gran nivel. O problema é que non se trata aínda dun xogador moi SM: a súa faceta de gran defensor só ten repercusión no outro equipo (o negativo de Magee a semana pasada) e en ataque, aínda que ten moito potencial, non se está a soltar con regularidade. Se precisase un xogador nese rango de prezo aínda o consideraría, mais contra un equipo como o Zaragoza tentaría procurar outras opcións un pouco menos económicas (ademais, é posíbel que debute xa Buford). Por dentro, os maños tamén son dos mellores defensores (aínda que as estatísticas agora non o reflictan na casa, porque xa pasou por aí o Barça de Mirotic). Así que neste encontro tampouco pensaría en Omic. Por parte do Zaragoza, gústame Justiz para esta. O cubano ten que xogar moito pola baixa de Vázquez (aínda que igual xa ten algúns minutos esta semana) e está nun gran momento: foise á vintena na última xornada e foi o mellor dos seus na Champions. Ademais, a Penya sofre bastante na posición, sobre todo cando se senta Omic (o único pivote dispoñíbel). Ten unha suba do máximo bastante barata.
Real Madrid – Unicaja
(10, 18:30)
@BLB, GCA | @AND, BLB
Un dos grandes encontros da xornada… mais non para o SM. Contra uha defensa como a do Madrid non pensaría en ningún xogador do Unicaja e nos brancos só contemplaría bandeiras. Llull leva dúas xornadas roldando a vintena e tamén estivo ben na Euroliga. Podemos pensar nel se queremos unha diferenciación, aínda que eu procuraría opcións con broker máis doado nos bases. Garuba, aínda que teña moita marxe de mellora, é xa unha realidade. Laso confía moito nel (leva tres seguidos sen baixar da decena), a rotación interior branca é máis curta polas lesións, está barato e aínda achega cando menos outro par de subas do máximo se mantén esta liña. A opción Tavares ten certo risco (porque non o estamos a ver tan sólido coma na pasada), mais na casa adoita render mellor, vén dun gran encontro na Euroliga, vai ter moitos minutos e conta cun grande historial contra o Unicaja na casa.
Murcia – Valencia
(10, 20:00)
@GCA, FCB | ZAR, @BAS
O Murcia é unha defensa moi hospitalaria para os bases, mais tralo desastre da xornada pasada é difícil pensar en Colom. A pesar do pico da última, que está a bo prezo e que ten unha subida accesíbel, aínda non pensaría en San Emeterio para equipos da xeral. Fóra da casa non está a render ben (non chega aos 3 de media). Outro que vén de pico e que ten máis interese é Booker. É o xefe do Murcia, toda a ofensiva pasa por el e aínda non baixou da quincena de local. A única pega é que non o fixo nada ben contra o Valencia o curso pasado. Se alguén quere asumir un pouco de risco, Loyd pode marcar diferenzas. Está a ser moi irregular, pero ten bastantes minutos de xogo e vén de saírse en Atenas (41 de valoración). Lonxe da casa, tralo tropezo da última xornada e xa con Tobey no equipo, Dubi perde bastante atractivo. Aínda así, segue a ter superioridade fronte os seus pares e o Murcia é un dos equipos que mellor se lle dan (non baixou da quincena nos seis últimos enfrontamentos contra eles). O calendario que lle vén por diante, con Zaragoza e Baskonia, é moi esixente.
Andrómenas sobe por cuarta xornada consecutiva (esta vez máis de 900 postos). Fixen 170 puntos e quedo no 2325º da xeral. Foi chave a entrada de Ferrari e tamén manter a Barreiro. Neno fixo outra vez unha gran xornada. Con Magee decidín que pagaba a pena correr o risco, ía dar cartos e se tiña o día, podía dar tamén moitos puntos e quedar no equipo. Non foi así na valoración (si deu uns bos cartos), e gran parte de culpa tívoa a defensa extraordinaria de López-Arostegui. A pesar do seu negativo, cos trocos gañei 31.2 puntos e 456000 euros.
Ante as dúbidas co físico de Henry, entra Hannah polo seu compañeiro Senglin e nas ás, onde o panorama non está moi claro, decidinme polos dous que deron pico esta venres na Euroliga coa esperanza que repita cando menos un deles. Entran Higgins e Loyd por Jaime e Magee.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Frau im Mond (Fritz Lang, 1929).