SuperManager x. 8: a fin da fase de acumulación

Cos petos cheos, toca comezar a pensar na valoración

Dicía a semana pasada que algúns equipos xa podían entón deixar de darlle prioridade ao broker e esta aumenta o número deles que se poden centrar na valoración. Os máis atrasados teñen nesta a derradeira xornada da súa fase de acumulación. Sempre vai haber algún xogador que tardou en arrancar, como Dawson, que nos vaia axudar durante un tempo a mellorar o noso broker sen renunciar á valoración.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Varios dos xogadores prioritarios na miña selección, con partidos moi favorábeis, tropezaron. Iso fixo que nos meus equipos houbera máis baixadas ca subas. O que era o meu mellor só fixo 112 puntos e caeu ata case o 3 mil. O meu segundo (entón) tivo unha xornada afortunada e pasa a ser o mellor. Acertei metendo a Bierán por McFadden e iso supuxo un bo número de puntos e cartos. Sigo sen entrar no Top 1000, mais xa está preto: queda o 1180º e chega xa aos 12.6 millóns de broker (450º nesa clasificación). Podo centrarme nos puntos.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Pangos (4/+15)

Renfroe (25.2/+11)

Granger (0/-7)

Segundo banzo

Segundo escalón

Ennis (20.4/+15)

McCalebb (16.8/+13)

Llull (19/+12)

Laprovittola (33.6/+15)

Hannah (18/+2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Dimitrijevic (0/+12)

Cook (14/+15)

Pérez (23/+15)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (24/+15)

J. Fernández (23/+1)

McFadden (-1/-4)

Brizuela (10/+15)

Segundo banzo

Segundo escalón

M. Thomas (9/+15)

Dawson (20.4/+15)

Claver (9/+15)

M. Garcia (9.6/+15)

Doyle (12/+8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Cancar (21.6/+15)

Deck (7/+2)

Milosavljevic (0/+15)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Lessort (6/+7)

Iverson (13/+4)

Tomic (8/+9)

Pasecniks (-5/-7)

Segundo banzo

Segundo escalón

Jordan (16/+12)

Poirier (12/-6)

Shengelia (22.8/-0)

Tavares (22/+6)

W. Thomas (2/+15)

Shermadini (1/-13)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Dubljevic (9/-2)

Birgander (-1/-8)

Lalanne (24/+15)

Kuzmic (-)

Os varios partidos de Granger valorando ben acabaron convencéndome. O resultado foi un desastre. Así que regreso ao que dicía antes: o Baskonia ten tres bases de elite e agás baixas dalgún deles (parece que esta 8ª xornada pode ser o caso), non hai forma de saber cales van destacar. O de Lessort ten pouca explicación e Pasecniks, a pesar das súas grandes condicións, terá que encadear moitos bos partidos para que o volva considerar. Que dicir de Tomic… A listaxe foi un desastre nas eleccións prioritarias.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota, de vermello os extracomunitarios e entre paréntese a valoración que precisan para subir o 15%. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

Como siempre, la leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo, de rojo los extracomunitarios y entre paréntesis la valoración que precisan para subir el 15%. Me podeis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (46)

Ennis (23)

McCalebb (34)

Segundo banzo

Segundo escalón

Laprovittola (24)

Pérez (11)

Pangos (10)

Hannah (35)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel (25)

Llull (35)

Cook (22)

Fitipaldo (24)

Vildoza (8)

Huertas (10)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (28)

J. Fernández (48)

Dawson (-4)

Segundo banzo

Segundo escalón

Cancar (29)

Brizuela (2)

M. Thomas (-13)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Toolson (22)

M. Garcia (-13)

Seibutis (-1)

Milosavljevic (0)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (51)

Lessort (33)

Segundo banzo

Segundo escalón

Jordan (32)

Iverson (40)

Radovic (19)

Shermadini (29)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tavares (40)

W. Thomas (-8)

Lalanne (7)

Arteaga (-6)

Pangos estaba nun bo momento, a mala valoración da xornada pasada debeuse aos problemas de faltas que non lle permitiron entrar en xogo. Nesta xornada de Euroliga volveu aproveitar os seus minutos, pero xogou poucos e contra un rival accesíbel en ACB debería aumentalos. Os equipos sen urxencias de broker poden apostar por bases que son a referencia nos seus equipos (Kevin ten que compartir protagonismo con Heurtel), mais os que precisan cartos teñen no canadense un xogador que garante unha boa morea deles e que tamén debería valorar ben contra unha das defensas máis permisivas. Ennis ten un partido moi complicado contra a apisoadora baskonista, mais vén de facer un gran partido contra o Madrid, xogan na casa e o equipo estará cargado de moral. Ademais, inda debería dar bos cartos esta semana. Lapro comeza a recuperar a súa versión da tempada pasada. Vén de ser o MVP da xornada e ten dous partidos consecutivos de local. A única pega é que o Obra está a defender moi ben os bases (só Dani Pérez superou a vintena contra eles, a semana pasada). Se xa está, eu non o tocaría; á hora de fichalo, igual cómpre agardar unha semana máis, inda que no plan da xornada pasada é imparábel. Gutiérrez non está a funcionar como se esperaba e Dani Pérez destapouse ao mellor nivel da súa carreira. Xoga de local, bo rival, estará en cancha 25-30 minutos e debería dar unha boa suba. Ollo, despois xoga fóra contra o Madrid. Llull entra, mais eu dende logo non penso en ningún xogador do Madrid para esta xornada. Inda que xogan de visitantes, o desprazamento é mínimo (Fuenlabrada), así que non saberemos dos descartes ata que sexa tarde. Meter a calquera dos seus xogadores implica un risco importante que non paga a pena correr habendo alternativas. Van Rossom queda como opción barateira de risco. Non acaba de funcionar na ACB, mais xoga de local contra un Renfroe que está a gardar as súas enerxías para dirixir a ofensiva manresá. Granger mancouse no partido do venres contra o Fener, así que o interese de Vildoza e Huertas medra de forma considrábel contra un Andorra que está a conceder moito na posición.

Na primeira xornada xa dicía que Dawson era unha á dun millón (anda en pouco máis da metade). Está empezando a xogar como sabe tras un comezo moi ansioso. Ten capacidade para fabricarse os seus tiros, carga ben o rebote e a súa principal arma ofensiva é a penetración, co que saca bastantes faltas. Se non se mete en problemas de persoais, deberíamos velo na vintena outra vez contra un Obra que concede moito na posición. O tempo de McFadden rematou polo de agora. Xa veremos se remonta en próximas xornadas e volvemos tomalo en consideración. Cancar está a explotar, ten unha saída favorábel e despois dous partidos seguidos de local —onde mellora as súas prestacións—. Toolson non está a dar o nivel que se esperaba del, mais esta semana ten unha xornada propicia. O Valencia está a conceder moita valoración das ás e o perfil do norteamericano (que segue a xogar moitos minutos todos os partidos) semella o mellor contra eles. Fóra da listaxe, e para cazaxornadas, apunto o nome de Okoye. Vén de anotar a canastra da vitoria ao seu regreso da lesión e é un perfil que se pode aproveitar moito dos minutos en cancha dun Gentile que non destaca pola súa defensa e ademais está falto de ritmo (Dawson superouno unha e outra vez sen dificultade na última xornada). Carroll atópase nun momento incríbel, se xoga, farao ben. O problema é que ata o partido mesmo non saberemos se Laso lle vai dar descanso. Por iso non entra.

Ante a inseguridade que dá o Madrid (eu estoume a desfacer de Tavares nos que podo, mais se xoga seguro que o fai ben e Kuzmic é baixa esta semana), hai que apostar por Shengelia dende xa. Lessort non valorou como esperaba, pero coido que foi algo puntual. Xa dicía que ten un calendario óptimo por diante e que entraba a semana pasada para quedarse un tempo. Para min é das mellores opcións da xornada. Sherma xérame algunha dúbida máis, non adoita facelo ben contra Jordan, mais ese gran calendario e un partido destacado en Europa son argumentos abondo para que entre. O 13 de Iverson foi algo menos do esperado, inda que se debeu a un mal comezo (por problemas de faltas, creo recordar). Vén en gran momento e está a ser dos máis consistentes entre uns pivotes que este ano non nos acaban de dar a fiabilidade doutros cursos. A súa gran teima está no calendario: derbi de visitante e despois na casa contra o Valencia Basket. Como Thomas inda garante moitos cartos, agás en equipos moi desafogados, eu manteríao por derradeira xornada (co xogo interior ao completo perdeu interese) contra un Manresa que defende bastante ben a posición (por iso non contemplo outros xogadores taronja para a xornada). Tomic fallou a semana pasada e a rotación interior do Barça é impredicíbel (seguro que algún deles vaise saír, mais non son capaz de apostar por un). Queda fóra. Radovic está nun dos seus mellores momentos e ten un bo calendario por diante. Esta semana contra o Estu pode prolongar a xeira, en especial se un Nik tocado non chega ao partido. Tamén está moi ben Llovet, porén, ten un encontro moi complicado no emocional contra a Penya. Iso bota moita incerteza na súa actuación: igual sae moi ben ou moi mal, polo que eu non pensaría nel agás en cazaxornadas ou equipos con ganas de arriscar. Non entra un Thompson que vén do seu mellor partido da tempada. Fóra da casa adoita baixar bastante o seu rendemento (a súa media de valoración baixa en 13 puntos) e o GBC de local está a ser a mellor defensa interior. O seu momento chegará a semana que vén: encadeará 2 partidos de local. Poirier semella que anda con certos problemas físicos —inda que xa xogou contra o Fener—, así que mellor non asumir o risco.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas volveu bater outra vez máis —e van…— con Granger. Non acerto con el nin de casualidade con el. Un partido segundo o esperado do uruguaio guiaríame a unha boa xornada en puntos e unha grande xornada en broker. A pesar del, seguiu a escalada cos 133.6 puntos. Outras preto de 5 mil posicións subidas e algo máis de 850 mil euros gañados. Quedo o 25812º da xeral con 11.5 quilos de broker (9041º). Se o comparamos cunhas xornadas atrás, non está mal; mais o obxectivo do Top 1000 segue a anos luz. Con estes cartos inda non podo deixar de mirar de todo o broker.

A distribución de bandeiras que máis me satisfai para esta semana é 3 nas ás e 1 nos pivotes. Saen Granger, McFadden e Tavares (non me fío nada da rotación de Laso). Vou meter xa os fixos Jaime e Shengelia, con moi boa xornada por diante, e iso déixame pouco en caixa para o base. Nese rango de prezo o único que ofrece a listaxe é Van Rossom; a ver se hai sorte.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á aventura gráfica Broken Age (Double Fine, 2014).