
Nos meus equipos esta xornada houbo un pouco de todo, como será a tónica no que resta de tempada. Dicía a semana pasada que era o momento de manter a cabeza fría e non atender á mala semana anterior, había que seguir igual. Tanto así o fixen no meu mellor equipo que só efectuei un cambio: entrou Dubljevic por Oriola —24 ao meu favor—. Os 202.4 puntos valéronme para ascender tres postos: 7º da xeral. Contra todo prognóstico, aguantei a fase de acumulación na cabeza. Agora vén o complicado, porque sen a limitación da procura do broker as opcións de xogadores a levar multiplícanse.
Así lle foi á selección da semana pasada:
Doncic (14.4/-76000)
Heurtel (27.6/+74851)
Granger (3.6/-131000)
Campazzo (24/+122601)
Cook (26.4/+126775)
Vives (-3/-761)
S. García (21.6/+101500)
Green (25.2/+101249)
Ponitka (13/+165649)
Eriksson (13.2/+103659)
Nedovic (7/-99000)
Swing (10/-45000)
Blazic (21/+97949)
Neal (13.2/+121968)
Benite (7/+90955)
Abalde (3.6/+53811)
Norel (22/+116184)
Shengelia (14.4/+201294)
Jordan (25.2/+183646)
Dubljevic (26.4/+145111)
Kelly (11/+13681)
De Jong (14.4/+91.823)
Randolph (6/+157.604)
En xeral, as cousas marcharon ben para a selección na derradeira xornada de acumulación. Errei con Granger e Nedovic, que perderon grandes cantidades, e con Vives, que fixo un partido lamentábel e incluso baixou —case nada— cando o daba como unha opción segura de broker. Acertei o pico de Blazic, que tería sido maior se non fallase tanto tiro libre. É preocupante a súa involución dende os 4.60 dende que chegou á ACB: 85% o primeiro ano no Baskonia, 68% o pasado e este está no 56% en Andorra.
A xornada estará marcada polas bandeiras —que pouquiño ofrecen!— e a fin da Era do broker. Se collemos os tres bases máis caros do xogo, as catro ás e os catro pivotes, suman máis de 15 millóns, co que se podería pensar que inda hai que seguir a acumular. O certo é que ese equipo non se pode levar, porque entre eses once xogadores só hai dúas cotas —hai que levar catro—. Axustando o equipo ás cotas máis caras, inda quedaría unha selección por riba do que a maioría nos podemos permitir. Tanto ten, ese equipo dista do ideal —hai xogadores por riba do seu prezo e outros que están por debaixo son máis interesantes, ademais, algúns dos nosos xogadores inda subirán esta xornada—. A semana pasada dicía que o equipo ideal segundo a miña selección non o podían levar máis ca 10 equipos no xogo, o desta, uns 3800. Precísanse 14.1 millóns para levar algo así: Doncic, Cook, Granger; Green, Ponitka, Blazic, Mumbrú; Shengelia, Dubljevic, Jordan, Norel. Segundo a miña análise da xornada, ese é o equipo ideal para esta semana —tendo en conta o que vén, a regularidade dos xogadores e o extra de broker que ofrece Cook nun partido favorábel—.
Se inda andamos lonxe dos 14 millóns, entón si que hai que incluír opcións con suba garantida, porque están a piques de esvaecer e van facer falla os cartos para poder competir. A selección completa da semana:
Doncic
Cook
Heurtel
Campazzo
Granger
S. García
Hannah
Van Rossom
Green
Ponitka
Blazic
Mumbrú
Thomas
Beaubois
Landesberg
Nedovic
Swing
Beirán
Fernández
Vidal
Shengelia
Dubljevic
Jordan
Norel
Voigtmann
Pustovyi
Thompson
Randolph
Reyes
Caner-Medley
Con Andrómenas non fixen excesivo caso de min mesmo, busquei compensar o broker e as cousas saíron mal. Con 175.4 puntos descendín ata o 1798º. Baixei 637 postos, que é un descenso considerábel a estas alturas. Por primeira vez no ano perdín puntos cos cambios, e non foi porque os que saquei o fixesen ben —entre Oriola e McCallum só acumularon 8.4 puntos—. Polo menos supero os 14 millóns no broker que esta semana xa me permiten fichar os xogadores que queira.
Van saír os dous que entraron: Vives —nunca máis!; e seguro que para terminar de amolarme esta semana fará boa xornada— e Randoph, amais de Campazzo. No caso de Randolph e Campazzo non descarto unha boa actuación, mais a razón dime que hai mellores opcións. O Madrid ten o xogo interior en cadro, co que Randolph debería ter moitos minutos e pode render, pero a tempada anterior non o fixo ben contra o Barça. A opción Dubljevic é máis segura: vai a máis —leva tres xornadas superando os 20— e está por baixo do seu prezo. Cook xoga na casa, contra un rival que non lle debería ir mal e cunha gorentosa suba de case 150 mil se acada un 10 —que debería superar se non pasa nada raro—. O outro base ten que ser cota. Hai dúas opcións: Granger e Sergi García. Sergi é máis barato, despois de fallarme a primeira xornada está a dar o que esperaba del, mais ten un partido complicado e non se pode esperar un pico del. Granger leva dúas xornadas baixando broker, mais ten a confianza de Pedro Martínez e a pouco que afine o punto de mira debería valorar ben contra a Penya e despois enfróntase ao Burgos. En Euroliga repartiu 11 asistencias, se non estivese tan mal no tiro —1 de 5 en lanzamentos de campo e 1 de 2 en libres—, xa tería valorado moi ben —quedou en 10—. Fichaxe a dúas xornadas vista que espero que funcione xa esta.