SuperManager x. 9: a maquinaria traballa

Balance

Xornada con bastante puntuación, o que sempre abre o escenario a grandes subas e a catástrofes. A aposta por catro pivotes fixos na meirande parte dos meus equipos (Mirotic, Shermadini, Toko e Balvin), que ademais suman dúas bandeiras, e a procura de oportunidades nos bases e nas ás propiciaron unha gran xornada. Superei os 196 con 6 dos meus 10 equipos. O meu mellor fixo 232.6 puntos (máximo da tempada) que lle permiten escalar 200 posicións até o 190º da xeral. Alén dos pivotes, os culpábeis desa puntuación foron Higgins e Cook, fichados esta mesma semana. Tamén recuperei algo de broker, cos 12.6 quilos actuais xa vou un chisco menos atrasado.

B

Ferrari (13/+15)

Dimitrijevic (0/+15)

Hannah (16.8/+15)

Cook (36/+15)

Huertas (2.4/-9)

Delaney (16.8/+3)

Bellas (15.6/+15)

Llull (14.4/+1)

Alocén (23/+15)

A

Díez (7.2/+3)

Bouteille (19/+10)

Barreiro (9/+15)

Eyenga (2.4/-11)

Seeley (30/+9)

Booker (27.6/+5)

Slaughter (21/+15)

Loyd (11/-1)

Higgins (31.2/+15)

Beirán (20.4/+15)

Garcia (32.4/+15)

Urtasun (9.6/+15)

P

Mirotic (24/-3)

Shengelia (38.4/+12)

Shermadini (34.8/+5)

Balvin (20/+1)

Tavares (28.8/+13)

Kravic (25/+7)

Garuba (2.4/+15)

Fall (2.4/-10)

Justiz (6/+8)

Dubljevic (23/+5)

Kadji (8/+6)

Á selección foille francamente ben. Pouco pero hai que poñerlle esta semana.

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.

B

Cook (-15)

Ferrari (-15)

Hannah (29)

Huertas (34)

Delaney (30)

Bellas (10)

Laprovittola (22)

Dimitrijevic (-6)

Fitipaldo (14)

A

Prepelic (48)

Higgins (14)

Slaughter (21)

Beirán (26)

Kuric (21)

Toolson (12)

San Emeterio (13)

Garino (25)

Magee (27)

López-Arostegui (-18)

Garcia (-31)

Barreiro (4)

P

Shengelia (51)

Shermadini (62)

Mirotic (71)

Balvin (43)

Kravic (41)

Omic (40)

Gerun (29)

Dubljevic (39)

Garuba (13)

Morgan (-12)

Agás que esteamos moi mal de cartos, nesta xornada abondará con que miremos polo broker de catro ou cinco dos nosos xogadores. Ademais, hai varios dos xogadores caros con xornada complicada, asi que aí podemos atopar unha fonte de aforro e unha posibilidade de facer medrar as nosas arcas cos substitutos.

Andorra – Unicaja

(16, 18:00)

@OBR, BAS | BLB, @BUR

Chegan igualados a vitorias e sen as mellores sensacións. Nos bases Hannah segue a ser unha opción sólida. Leva un mes sen baixar dos trece, roldou a trintena na Eurocup, o Unicaja está a ser amábel cos uns este curso e na vindeira ten unha saída amábel a Compostela. Nas ás non hai opción fiábel, algún no Unicaja debería aproveitar as faclidades que dan os de Navarro, mais ningún está a valorar con continuidade. Os problemas que vén arrastrando Diagne fan del unha opción de risco excesivo nos pivotes e Gerun no Unicaja pode ser interesante se procuramos a diferenciación e temos un orzamento axustado: 5 xornadas sen baixar da decena e un 18 na visita do curso pasado co Obradoiro.

Manresa – Obradoiro

(16, 18:00)

@ZAR, MUR | AND, @VBC

Deste encontro sairá o pechacancelas. Ferrari non xogou na Champions, mais estará sen problemas para este. Rival amábel, subirá todo e na casa vai a exhibición por partido (os dous encontros na trintena). Ten que seguir nos equipos (a que vén, xa veremos, ten unha saída dura). Nas ás dispoñemos de dúas opcións extracomunitarias. Toolson comezou a tempada lesionado e tardou unhas semanas en coller o ritmo (iso fai que se atope tirado de prezo). Estivo a bo nivel nos últimos tres encontros (dous da Champions e a última xornada da ACB) e o Obra é un rival moi amábel. A marcha de Davis tamén debería xogar ao seu favor (non creo que Nelson, o seu substituto, vaia xogar moito xa esta semana, se é que o fai). Para a vindeira, nas ás é a posición na que os maños fan algunha concesión. Após a exhibición en Murcia, Magee suma un -1 en dúas xornadas. Iso convérteo nunha opción de risco; porén, o Manresa semella un equipo ideal para que rexurda: é o equipo que máis concede na posición (e despois ten o Andorra, o segundo máis amábel). Non me estrañaría nadiña un pico. Kravic chega a Manresa tras dúas exhibicións sen premio. Os do Bages andan bastante xustos por dentro (non estará Kravish), así que é un escenario propicio para manter a xeira. Aínda que Mitrovic deu un pico a pasada, só pensaría nel para cazaxornadas, será moi difícil que repita.

Joventut – Canarias

(16, 20:30)

@FUE, BLB | BET, @FCB

A Penya completou un dos inicios máis singulares da historia da ACB, gañaou os últimos catro partidos (incluída vitoria a domicilio contra o segundo clasificado na pasada xornada) após abrir o curso cun 0-4. Neno, que chegaba embalado, fallou en Zaragoza, nun encontro no que non soubo abstraerse duns árbitros demasiado rigorosos (tamén o sufriu Justiz nos maños). Esta semana estaba a seguir a mesma liña na Eurocup, até que no tramo final volvemos velo na súa mellor versión anotadora para liderar unha remontada inverosímil que non culminaron no derradeiro cuarto. Non o ficharía xusto nesta contra o Canarias, aínda que eu creo que o vai facer ben e despois ten unha calendario moi favorábel (mantereino en bastantes dos meus). Huertas foi un dos tropezos máis inesperados da última xornada. Con todo, pinta ben para esta: vén dun 20-10 na Champions, enfróntase ao equipo no que debutou en Europa e a Penya recibiu moito no inicio dos bases (mellorou nas últimas xornadas, como nos demais aspectos do xogo). Con Prepelic hai algunhas dúbidas porque xogou moi pouco na Eurocup, castigado por Duran pola súa mala defensa e por responderlle cando llo botou en cara. Volverá castigalo? Non estou na súa cabeza, mais se me baseo no pasado, non creo que as represalias se estendan. Debería xogar con normalidade. O Canarias é unha defensa esixente, mais non habería ter problemas en acadar cando menos a quincena e despois ten unha saída favorábel a Fuenlabrada. Só o Madrid recibiu menos valoración que a Penya nas últimas catro xornadas e é a mellor defensa na posición de local. Así que non é o mellor encontro para Díez. Se precisamos os cartos podemos darlle saída xa; se temos trocos máis urxentes, non debería ser un gran problema mantelo unha semana máis pola súa facilidade para rebotear (podemos esperar que ande na decena). López- Arostegui está a xogar a gran nivel e leva dúas semanas roldando a vintena. É unha grande opción se precisamos completar cunha bandeira de saldo: subirá o máximo varias xornadas e debería cumprir arredor da decena. Shermadini é fixo. Omic está moi centrado, non debería dar un pico, mais tampouco baixar da quincena (como non o fixo no último mes). Morgan é dos poucos pivotes que garanten un par de subas. Está a ser un dos responsábeis da melloría da Penya e vén de dúas xornadas superando a quincena. Deu un susto na Eurocup, tivo que abandonar o encontro mareado, mais despois regresou e rematou o partido con normalidade. Terá moitos minutos e coido que pode repetir o das últimas xornadas. Parece o máis fiábel dos pivotes que soben con negativo.

Burgos – Betis

(16, 20:30)

@EST, UNI | CAN, @EST

O único base interesante, polo prezo ao que se atopa, é Fitipaldo. Se procuramos a diferenciación, o uruguaio semella que comeza a funcionar (leva varios bos encontros na Champions e tamén superou a decena na última da ACB) e por diante ten dous rivais moi favorábeis. Nas ás destaca Slaughter, que chega en moi bo momento e aínda debería subirnos algo. Despois ten unha saída complicada a La Laguna. McFadden sérvenos para cazaxornadas, non alén. O de Enechionyia da pasada foi pouco máis ca unha anécdota, moi sorte sería que repetise. Huskic vén dun bo encontro na Champions, mais aínda hai que darlle marxe a ver se comeza a parecerse ao que nos marabillou o curso pasado. Válenos para cazaxornadas.

Barça – Estudiantes

(17, 12:30)

@MUR, CAN | BUR, @BET

Sen opcións claras no Estu pola dureza do rival, no Barça temos a pantasma das rotacións na véspera da dobre xornada de Euroliga. Porén, despois da derrota contra o Madrid en Europa e o cabreo co que rematou Pesic, diría que de entrada vai rotar o xusto (igual si o fai en función de como se desenvolva o encontro). Delaney (que aínda non baixou da decena) ten unha boa oportunidade de acadar por primeira vez a vintena contra un Estu que concedeu uns cantos picos na posición. Higgins (un dos xuíces da última xornada) cortou a súa xeira na Euroliga, completamente anulado pola defensa de Taylor, pero viña en gran dinámica, os colexiais non teñen ningún defensor de elite na posición e ten unha suba doada. Se queremos unha opción menos popular, Kuric encadeou dous bos partidos (ACB e Euroliga) e conta con factor ex: debutou como profesional no Estu. Mirotic non está lesionado, pouco hai que pensar.

Gran Canaria – Murcia

(17, 13:00)

@RMA, FUE | FCB, @MAN

O segundo pico consecutivo de Cook marcou a xornada. Non será doado que supere os 35 por terceira semana consecutiva, mais dende logo que ten un dos mellores rivais posíbeis para logralo: o Murcia é a defensa máis amábel na posición a domicilio. Nesta é altamente recomendábel contar con el, tanto por broker como por valoración; na vindeira polos cartos poderiamos mantelo, mais contra o Madrid non podemos esperar unha boa valoración. Co Granca (que é unha das defensas que menos conceden na posición) seguido do Barça, coido que é o momento axeitado para darlle un descanso a Booker, aínda que non é a venda máis urxente. Beirán acadou a vintena en dous dos últimos tres encontros e o Murcia non é unha gran defensa na posición. Debe seguir nos que xa estaba, á hora de darlle entrada hai que ter en conta de que é unha venda recomendábel contra o Madrid. Co regreso de Bou as opcións interiores do Granca perden atractivo, así que só pensaría en Eddie do Murcia para cazaxornadas.

Valencia – Zaragoza

(17, 17:00)

@BAS, OBR | MAN, RMA

O Valencia chega con moitas urxencias, aínda que un pouco mellor de ánimo após unha vitoria cómoda na Euroliga. Alocén lonxe de Zaragoza segue sen ser unha opción fiábel. A boa defensa exterior do equipo taronja e o regreso de Ennis réstanlle atractivo a Seeley, sería bo darlle un descanso. A Barreiro podemos aguantalo se temos necesidades económicas porque aínda lle resta unha suba, mais cos poucos minutos dos últimos encontros o seu tempo nos equipos semella case esgotado. A bandeira de San Emeterio ten interese. Nos últimos encontros está a dar boas sensacións (dúas xornadas superando a decena e incluso tamén o fixo na Euroliga, cunha única canastra e só en 13 minutos) e o Zaragoza é un dos seus rivais predilectos: leva 9 encontros seguidos sen baixar da ducia contra eles. Se mantén a liña, debería subilo practicamente todo. Despois ten unha saída moi complicada a Vitoria (onde é un mito). Dubi ten un calendario moi difícil: o Zaragoza é a mellor defensa dos pivotes a domicilio e despois terá que enfrontarse fóra contra o Baskonia. O normal é que rolde a quincena, que igual nos serve para aguantalo unha semana máis se temos cambios máis urxentes, pero non lle daría entrada nesta.

Bilbao – Madrid

(17, 18:30)

@UNI, @JOV | GCA, @ZAR

Bouteille ten por diante un calendario terrorífico: Madrid, Unicaja e Joventut están entre os cinco equipos que menos reciben na posición. Podemos darlle descanso. Se temos cambios máis urxentes, a prol da súa continuidade temos a gran solidez que leva amosada neste curso (só un encontro por debaixo da decena) e os moitos minutos que permanece na cancha. O que si que debería continuar nos equipos é Balvin. O checo aínda non baixou da decena este ano e o Madrid, ao contrario que no exterior, está a ser a defensa de toda a liga que máis valoración interior concede de visitante. No Madrid, se xa a rotación é incerta, ás portas dunha dobre xornada de Euroliga aínda se intensifica. Laprovittola está a contar moi pouco para Laso, así que se alguén non precisa descansar e el. O Bilbao é a peor defensa dos bases, igual atopamos nel o elemento sorpresa da xornada. Outro que debería ter os minutos que non tivo na última semana é Garuba. Quédalle unha última suba e semella un partido propicio para que o faga ben. Tavares paréceme un risco innecesario esta semana.

Baskonia – Fuenlabrada

(17, 20:00)

VBC, @AND | JOV, @GCA

Henry volveu xogar na Euroliga, pero aínda arrastra algunhas molestias. Dará broker cando volva xogar na ACB, mais non sabemos se o fará esta semana: ten a ficha desactivada. Ao fechar este encontro a xornada, se finalmente é dado de alta saberémolo con moi pouca marxe, cando xa se disputaren bastantes encontros da xornada, así que o mellor é mirar por outras opcións. Só contemplaría agardar por el, para tentar aforrar un cambio e apañar a suba de broker, se nalgún equipo o papamos na pasada. Bellas está nun dos mellores momentos das últimas tempadas. Aínda non baixou da decena, ten unha suba doada, o Baskonia está a conceder bastante na posición e na vindeira volve ter un encontro favorábel contra a Penya. Podemos seguir con el e incluso non é mala fichaxe. Garcia saíuse por segunda xornada consecutiva. Este encontro será complicado e tampouco o terá doado na vindeira contra a Penya, mais ao prezo ao que está e cunha morea de subas do máximo garantidas por diante, segue a ser unha bandeira interesante para completar equipos con problemas de cartos. O máis entoado na perímetro baskonista semella Garino. O arxentino superou a quincena en dúas das últimas tres xornadas e vén de roldar a trintena na Euroliga. O Fuenla é un rival propicio, aínda que despois recibe a difícil visita do Valencia. Shengelia é fixo e ademais está a un nivel espectacular.

O equipo do blog

Quinta xornada consecutiva de suba en Andrómenas (550 postos desta volta). Unha das chaves foron os pivotes, fixos dende a 5ª, que sumaron case 120 puntos entre os catro. Superei os 200 por primeira vez no curso (205.4) e sigo a me achegar devagar ao anhelado Top 1000 (1775º da xeral). Foi a xornada con maior acerto nos trocos (40.4 puntos), sobre todo acertei con Higgins, e tamén gañei bastantes cartos (algo máis de setecentos mil en total), aínda que sigo bastante atrasado con 12.3 millóns.

Aquí aínda noto a falta de cartos, non podo dar entrada a Prepelic, así que teño que tentar gañar un chisco de broker. Para meter a Cook voulle dar saída a Hannah (aínda que é boa opción para a xornada), Díez deixa sitio a Slaughter e Barreiro a Beirán. Non teño problema en quedar con Neno (polo broker e a bandeira), algo máis con Loyd, aínda que este se ten o día pode dar unha sorpresa.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Himmelskibet (Holger-Madsen, 1918).