
Xornada moi positiva. No meu mellor equipo conseguín 233.2 puntos que me permitiron recuperar o 2º posto da xeral dúas xornadas despois, só que desta volta estou bastante máis preto do líder —a menos de 2 puntos—. O equipo tamén vai ben de cartos, supero os 15 millóns. Non se pode pedir máis. A sempre complicada primeira xornada tralo fin da fase de acumulación saíu ben. Sigo convencido de que chegará unha mala xornada de verdade e con ela un cambio de dinámica que me afaste da cabeza, mais ata entón…
Así lle foi á selección da semana pasada:
Doncic (19)
Cook (16)
Heurtel (6)
Campazzo (1)
Granger (25.2)
S. García (28.8)
Hannah (20)
Van Rossom (7.2)
Green (20.4)
Ponitka (30)
Blazic (34.8)
Mumbrú (15)
Thomas (25.2)
Beaubois (6)
Landesberg (4)
Nedovic (-3)
Swing (-3)
Beirán (2)
Fernández (13)
Vidal (10)
Shengelia (22.8)
Dubljevic (15.6)
Jordan (8.0)
Norel (25.6)
Voigtmann (7.2)
Pustovyi (24)
Thompson (27.6)
Randolph (0)
Reyes (19)
Caner-Medley (-1)




Adoito publicar o artigo semanal o mesmo día que se pechan os cambios, porque ata entón non teño toda información necesaria: partidos europeos e parte médico. Mais a semana pasada tiven o artigo listo demasiado tarde, apenas a un par de horas do comezo do xornada. Así que procurarei en diante gañar algún día e publicalo os xoves ou venres. Se houber algunha novidade que me faga mudar a selección —os meus cambios fareinos os sábados, coma sempre—, actualizarei o artigo —así foi, máis abaixo tedes a edición— e avisarei en Twitter. Para esta listaxe tiven en conta os partidos disputados ata o mércores, incluída a totalidade da primeira xornada da Euroliga —resta unha segunda que se xogará entre hoxe e mañá—. Deixei fóra —polo de agora— a miña opción preferente para bandeira nos aleiros: Eriksson. Lesionouse a semana pasada durante o seu partido e non xogou na Eurocup. Aínda non hai información sobre se xogará esta fin de semana ou non confirmouse a súa baixa, así que polo de agora queda fóra da listaxe.
En aparencia, é unha xornada con boas opcións en todas as posicións, que estará marcada polo próximo descanso da liga ACB —a Euroliga seguirá a disputarse—. A semana que vén non haberá liga, mais é posíbel que si haxa artigo, que aproveite para falar dalgún aspecto do xogo para non perder a dinámica —como o broker—.
Os xogadores do primeiro banzo conforman un equipo moi caro, ao alcance de moi poucos managers, mais nese caso pódese rebaixar sensibelmente apostando como segundo extracomunitario por Richard, que, ademais de estar barato —custa menos da metade que Thomas ou Green—, é boa opción para a xornada —xoga na casa, onde ten de media 5 puntos máis ca fóra e vén de tres xornadas superando os 20 de valoración—, tamén asegura unha suba de 95 mil esta semana —e seguirá a subir o máximo en próximas, se non acontece nada estraño—.
Actualización: tralo Barça-Valencia Basket da Euroliga —que se repetirá na ACB o domingo—, decidín baixar a Green ao segundo banzo das ás —estaba situado no primeiro tras Thomas—. Nese partido fixo 6 de valoración, que se unen ao 3 tanto de Istambul —Fener— como de Moscova —CSKA—. Só superou a vintena na súa outra viaxe a Moscova —Khimki— nos partidos xogados contra os grandes europeos a domicilio. En ACB, no choque contra o Madrid —en Valencia—, sumou un 12. Cos números na man, o risco de prescindir del nesta xornada parece baixo —inda que xa de cara ás vindeiras sería recomendábel recuperalo, por iso o sitúo ao comezo do segundo chanzo—.
Doncic
Campazzo
Granger
Heurtel
S. García
Cook
J. Fernández
Thomas
Ponitka
Mumbrú
Green
Neal
Richard
Blazic
Vidal
Norel
Shengelia
Jordan
Pustovyi
Thompson
Dubljevic
Reyes
Báez
Shermadini
Con Andrómenas tentei achegarme a ese equipo ideal que puxen a semana pasada. Por número de cambios podía poñer todos agás un. Decidinme a deixar a Eriksson, non polo partido que tiña —no que pensaba que non ía valorar ben porque era unha saída complicada a Santiago— senón porque así aforraría un cambio esta semana, cando se enfrontaría ao Estudiantes en Gran Canaria. O certo é que puido ter saído moi ben se o tirador sueco non se lesionase tras 12 minutos na cancha, nos que tivo tempo para sumar un 11. Esa diferenza con Mumbrú foi de 4 puntos, polo que fixen 229.2. Sérvenme para recuperar parte da desfeita da semana anterior e subo case 700 postos ata o 1113º, preto dese obxectivo marcado do Top 1000. Nos cambios gañei 41.4 puntos e 579 mil euros —que veñen moi ben—.
Esta xornada substituirei xogadores que cumpriron, incluso un que se saíu. A xornada é moi propicia para Campazzo, que ten unha media de case 12 puntos máis fóra da casa e enfróntase a unha das peores defensas dos bases, a do Betis. A isto último hai que poñerlle un asterisco: o Betis vén de fichar a Draper, que supoño que debutará xa esta xornada e é moito mellor defensor que os outros bases do equipo. Entrará por Cook. O xogador do Estudiantes enfróntase a unha das mellores defensas dos bases, a do Granca. Inda así creo que pode cumprir; porén, Facu ten maior probabilidade de pico.
Blazic foi xunto coa fichaxe de Granger a chave da miña boa xornada pasada, para esta ten un partido duro contra Unicaja e vouno cambiar por Richard, xa que non me acada para Thomas. Coido que poden ter unha valoración equiparábel —entre 10 e 15— e este vai dar uns bos cartos. O problema con Patrick é que despois ten dous partidos complicados —Unicaja e Fuenlabrada— fóra da casa, así que igual é un cambio de ida e volta. En caso de que Eriksson non chegase á xornada, Jaka quedaría no equipo e entraría Mumbrú polo sueco.
Actualización: ao final manteño a Blazic, vouma xogar con Eriksson —que segue a ser dúbida— e o que vai fóra é un dos xogadores que estaban no equipo dende a primeira xornada: Green. Como dicía na actualización de arriba, non parece que o xogador taronja teña unha gran xornada por diante, porén, no caso de Thomas hai máis probabilidades de que dea un pico.
O terceiro cambio será Dubljevic, outro que pode render ben, para deixar sitio a Pustovyi. O ucraíno xoga na casa, onde ten unha media de case 26 e na súa peor xornada fixo 22.8 puntos. Neste caso, si que será só un cambio para esta xornada, porque despois ten dous partidos fóra da casa onde baixa moitísimo as súas prestacións.
Reactualización: a última hora confirmouse a baixa de Eriksson, polo que toca refacer. Para meter a Mumbrú no seu sitio teño que renunciar a Pustovyi. E máis a última hora Dubljevic é dúbida, polo que vai el fóra e entra Pustovyi. Teño que manter a Cook e como así non me chega para Mumbrú, ficho a Vidal.
Esta é cuarta vez que refago o equipo, e agora xa si definitiva porque fixen os cambios a falta de tres minutos para o feche: