SuperManager x. 9: os 200 existen

Á oitava foi a vencida (e non se me ocorría que foto poñer)

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

A oitava foi unha xornada de moitos puntos… para os estándares desta estraña tempada. Para os meus equipos volveu ser un pouco como a pasada, tiven algúns nos que a cousa foi moi ben, mais no global baixaron máis dos que subiron. A miña semana estivo marcada polo segundo desastre consecutivo dun Lessort que estaba na práctica totalidade dos meus equipos. O mellor parado foi o que xa ía mellor clasificado. Tamén con Lessort e sen Dubi, superou os 200 puntos por primeira vez na tempada (203.4) cunhas entradas afortunadas: Lapro, Dawson e Radovic. Iso déixame, tamén por primeira vez no curso, dentro do Top 1000 da xeral: 629º.

Se ben establecera ao comezo un obxectivo moi ambicioso para o equipo do blog (Top 1000), non puxera ningunha meta para o que resultase o mellor dos meus equipos. Inda que a tempada pasada comezara moi ben, estivera no podio xa avanzado o xogo e conseguira manterme no Top 100 até case o final (rematei o 177º, peor clasificación de todo o curso), o meu nivel real é outro moi diferente. Non aspiro a mellorar aquilo. Para min un Top 500 xa estaría moi ben (algo que, agás o ano pasado, non lograra nunca).

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (19/-1%)

Ennis (30/+15%)

McCalebb (7/-7%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Laprovittola (20.4/+12%)

Pérez (8.4/+13%)

Pangos (2.4/+8%)

Hannah (8/-6%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel (28.8/+15%)

Llull (19.2/+1%)

Cook (7/-4%)

Fitipaldo (0/-13%)

Vildoza (0/-1%)

Huertas (2/+7%)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (9.6/+1%)

J. Fernández (42/+12%)

Dawson (20.4/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Cancar (11/-1%)

Brizuela (14/+15%)

M. Thomas (1.2/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Toolson (16/+8%)

M. Garcia (12/+15%)

Seibutis (22.8/+15%)

Milosavljevic (2.4/+15%)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (6/-9%)

Lessort (0/-13%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Jordan (10/-5%)

Iverson (20.4/+2%)

Radovic (21.6/+15%)

Shermadini (10.8/-2%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tavares (27.6/+6%)

W. Thomas (16.8/+15%)

Lalanne (-5/-0%)

Arteaga (1/+15%)

Esta xornada a listaxe estivo marcada pola inclusión de Lessort e a exclusión imperdoábel de Dubi. Alén dese dúo, o resto non estivo mal.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podeis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe

Ennis

Laprovittola

Segundo banzo

Segundo escalón

Albicy

Llull

Fitipaldo

Huertas

Terceiro banzo

Tercer escalón

Van Rossom

Hannah

McCalebb

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández

Dawson

Segundo banzo

Segundo escalón

Brizuela

M. Garcia

Beirán

Terceiro banzo

Tercer escalón

Seibutis

Blazic

Cancar

Eyenga

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia

Thompson

Jordan

Segundo banzo

Segundo escalón

Tavares

Dubljevic

Llovet

Todorovic

Iverson

Terceiro banzo

Tercer escalón

Radovic

Suárez

Tomic

W. Thomas

Renfroe e Ennis están a amosar unha fiabilidade total (só baixaron da decena nun partido cada un en todo o ano) e Laprovittola está a acadar o nivel estelar do ano pasado e garántenos unha trintena de minutos por partido. Se podemos acceder a eles, deberían ser os fixos durante un tempo pola tranquilidade que ofrecen. Se os cartos non nos chegan, está a emerxer a figura de Albicy tras un comezo por debaixo do esperado. Leva dous grandes partidos consecutivos contra rivais temíbeis, custa dous patacos, dá cartos, o Andorra está nun gran momento e xoga de local contra un Unicaja que sen Díaz está a ser unha defensa moi amábel cos bases. Con Llull sempre hai algo de incerteza de que descanse sen que o poidamos saber (xoga na casa, co que coñeceremos os descartes cando xa non haxa solución). Leva tres partidos seguidos xogando, está a valorar moi ben e aporta unha bandeira moi interesante. A semana que vén xogará seguro (agás lesión) porque se enfrontan ao Barça. Así que é un risco máis asumíbel esta vez. [Actualización: Laso di que está a traballar á marxe do grupo, polo que a incerteza con el medra de forma considerábel]. Habendo as opcións que hai, non pensaría nos bases do Barça, porque non é doado acertar cal dos dous vai estar atinado esta vez. Fitipaldo inda non baixou da decena como local e agora encadea dous partidos na casa contra rivais moi favorábeis. Huertas foi o mellor na hecatombe baskonista en Podgorica e debería ter moitos minutos (non está Granger e Vildoza anda con molestias) e o Granca está a ser dos equipos que máis conceden no un (chega Radicevic para axudar aí, inda que polo de agora non está dado de alta). Hannah o ano pasado fíxoo ben en Vitoria, vén dunha gran xornada en Euroliga e sen Granger o Baskonia sofre un pouco máis na posición. Aínda así é unha opción de risco, porque ningún base tivo unha gran actuación no Buesa este ano (o tope é o 13 de Santana). Outra opción de baixo custe é Van Rossom. O belga, despois dun arranque complicado, leva dúas boas valoración nos últimos tres partidos e ten un calendario moi favorábel por diante. Iso si, xoga fóra (onde non chega aos 3 de media no ano). McCalebb tamén ten unha saída favorábel a Lugo, mais vén de pinchar e anda con algúns problemas físicos. Ao prezo ao que está só deberiamos pensar nel se xa o temos no equipo e contamos con cambios máis urxentes.

No particular, teño poucas dúbidas con Jaime. Agora ben, quen non o teña xa no equipo pode esperar unha xornada máis para darlle entrada polos problemas físicos que arrastra. Tamén haberá quen pense en vendelo e aproveitar eses cartos para investilos noutras posicións. Eu, agás nova información, vouno manter nos meus. Beirán non é unha opción tan atractiva, pero tamén semella que vai xogar e nese caso non é unha venda prioritaria (se temos cambios, podémolo contemplar). Pode facelo ben. Se non está nos nosos equipos, entón si que non lle daría entrada esta semana. Inda que Brizuela a xornada pasada marcou o seu mínimo de minutos na tempada (21), segue a anotar con consistencia e o rival da semana é favorábel: o Barça é das defensas máis amábeis coas ás (os tres xogadores que superaron os 20 contra eles este ano xogaban aí). Eu quedaría con el. Se decidimos vender a algún dos anteriores, a opción Marc Garcia pinta ben. Está a aproveitar os seus minutos, apórtanos unha bandeira, debería ir a máis, vén de ser o mellor do Fuenla en Europa e asegúranos unha boa suba. Blazic que este ano volve ser un todo (37.2 esta última) ou nada (-3 na anterior). O Estu é un rival propicio para os que queiran tirar a moeda ao ar [Actualización: o Barça deu de baixa a ficha de Kuric para a xornada, así que Blazic debería ter maior peso]. Seibutis chega en moi boa dinámica e vai dar cartos; porén, o Breo non lle está a pór as cousas doadas en Lugo aos treses. Pode cumprir arredor da decena, mais non esperaría moito máis del esta semana. Cancar ten dous partidos seguidos de local e está a dar un salto adiante esta tempada. Porén, xoga contra dous equipos que están a defender ben a posición, está xa preto do millón e non proporciona bandeira, co que semella que hai opcións máis atractivas. Como opcións menos habituais para cazaxornadas contemplaría a Doyle, Redivo, Eyenga (contra a Penya vive na vintena) e Gentile (seguro que contra o Barça quererá exhibirse). Ao prezo no que se atopa McFadden, a pesar da gran xornada europea, é complicado pensar nel.

A pesar da mala xornada pasada e a incerteza que pode implicar o —sorprendente— cambio de adestrador, Shengelia segue a ser fixo para min. Dubi foi un dos xuíces da xornada. Se tivemos o bo ollo de levalo, tamén debería quedar aí fixo. Se inda non o tiñamos, igual podemos esperar unha semana máis para darlle entrada. Está moi caro e xoga fóra contra un rival complicado. A semana que vén xa si que a súa presenza debería ser ineludíbel, volve a Valencia (dous partidos seguidos) e ten un rival moi favorábel. Xa dicía a semana pasada que nesta habería que apostar por Thompson. Está en bo momento e de local os seus números dispáranse (véñenlle dous seguidos na casa). Jordan aparece como un dos interiores máis interesantes: o Zaragoza é un dos equipos que máis concede na posición e é moi posíbel que ademais conte coa baixa de Fran Vázquez (xa está confirmada). O xamaicano está na vintena de media como local. En só 17 minutos a xornada pasada Tavares achegouse á trintena. O risco de sorpresa desagradábel está aí, mais co Barça a semana que vén podemos apostar por el a dous partidos se temos necesidade desa bandeira. Nesa opción de cota destaca un Llovet no seu mellor momento: encadea tres partidos consecutivos na vintena e vai a Murcia, unha das peores defensas interiores. Outro que está en gran momento é Radovic, debería cumprir pero non me gusta tanto como na xornada pasada. A bandeira de Todorovic está moi económica e pinta moi ben esta semana. O montenegrino está a ir a máis (é un xogador diferencial a estes niveis), rendeu moi ben a semana pasada e repite de local contra un rival favorábel. Ademais, Birgander anda con problemas físicos e iso debería facer que xogue por riba da vintena de minutos. Iverson ten un partido complicado na visita do Valencia, mais está a se amosar moi sólido e non é venda obrigada. Ao xogo interior do Unicaja xa lle puxen a cruz despois do das dúas últimas xornadas, así que eu non vou apostar por eles (co que a lei de Murphy di que o MVP vai saír de aí); mais xa era unha xornada propicia para eles e coa probábel baixa de Diagne no Andorra inda o debería ser máis (Suárez está a ser o máis consistente). Tomic nalgún momento terá que facer un bo partido, igual toca na cancha do Estu. Queda como opción para afoutos [Actualización: o Barça deu de alta a Singleton, así que hai un xogador máis entre os que repartir os minutos interiores —e os lanzamentos—]. Parecía que a semana pasada sería a derradeira xornada de W. Thomas nos equipos, mais estivo ben e os que vaian inda moi necesitados de cartos esta semana poden recoller unha última suba (nos demais xa non pensaría nel). Non entra na listaxe, mais quero nomear a Burjanadze. Alégrame moito o seu último gran partido após o calvario que pasou coa lesión. Era un dos xogadores con maior progresión da ACB e oxalá que siga a súa evolución e nunhas semanas xa o podamos comezar a considerar como opción para os nosos equipos.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas tamén tivo a inestimábel achega de Lessort. A pesar do francés e da venda de Tavares para meter a Shengelia xusto no día que fallou, os outros dous cambios funcionaron. Investín unha morea de cartos en dar entrada a Jaime e a cousa saíu ben co seu tope da tempada. Iso deixábame moi poucos cartos para completar o equipo cun base, mais acertei e o 14.4 de Van Rossom soubo a gloria. Quedei sen cambios para meter a Dawson por Thomas (substitución que fixen en todos os equipos nos que puiden). Os que entraron sumaron 33.6 puntos máis que os que saíron. Así que a semana volveu ser positiva. Os 163 puntos permitíronme gañar 4 mil postos e situarme no 21728º. Máis de 30 mil postos gañados nas últimas catro xornadas. O obxectivo segue moi lonxe, mais a tendencia xa é diferente.

Entra ese Dawson por Thomas que tiña pendente, Lessort sae propulsado (que 30 máis doloroso se vai marcar) e para poder meter a Thompson no seu sitio teño que cambiar a Van Rossom por unha opción de inda máis baixo custe: Albicy.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao Dr. Slump e Arale (Akira Toriyama, 1981).