SuperManager x. 6: os mortos volven á vida

Adiantándose un chico ao calendario, volvemos ver camiñar entre os vivos aos que criamos mortos. Matt Thomas, Shawn Dawson, Gian Clavell, Anzejs Pasecniks, Omar Cook… —que andaban moi lonxe do nivel esperado neste arranque— elixiron a quinta xornada para rexurdir. Ademais, McCalebb —cun gran último cuarto— e Jordan —con minuto e medio final de maquillaxe de categoría— tiveron as súas particulares resurreccións de última hora en encontros nos que estaban a valorar moi por debaixo do esperado.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Para non variar, volveu ser unha xornada complicada, na que tropezaron varios dos xogadores máis caros. Heurtel, Ribas e Nevels nin sequera sumaron puntos e Tavares, Tomic e Dubi non acadaron a decena. Para os meus equipos as cousas foron bastante ben e subín de forma xeneralizada. O meu mellor fora dos que menos subiran na quinta, mais o 20 de Gerun no aparazado fan que ascenda ao 1584º (mil postos gañados). Aínda hai moito por progresar para recuperar o mal arranque.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Ennis (22/+15%)

Campazzo (15.6/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb (20/+15%)

Dimitrijevic (10.8/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Laprovittola (10.8/-6%)

Cvetkovic (6/+15%)

Huertas (7.2/+15%)

Bassas (4/+15%)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (18/+15%)

Brizuela (9.6/+15%)

J. Fernández (16.8/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Evans (9.6/+3%)

Ribas (0/+9%)

Nevels (-1/-4%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Milosavljevic (-1/+15%)

Seibutis (3/+15%)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas (17/+15%)

Tavares (9.6/+15%)

Shermadini (10.8/+15%)

Jordan (18/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Voigtmann (7.2/+15%)

Birgander (12/+15%)

Randolph (9.6/-5%)

Gerun (9/+15%)

Caner-Medley (7.2/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic (7.2/-10%)

Lalanne (14/+15%)

Bobrov (0/-15%)

A selección pasou a xornada con boa nota —por iso subiron os meus equipos—, houbo moito verde na parte alta —e moi pouco no resto—. Os erros dos apuntadores permitiron que un Shermadini moi por baixo do esperado subira cando menos o 15% (coa xornada xa computada revisouse o partido e a súa valoración baixou a 5, inda que no SM mantense a valoración anterior segundo as normas).

Selección da xornada

Selección de la jornada

Coma sempre, a lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota, de vermello os extracomunitarios e entre paréntese a valoración que precisan para subir o 15%. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

Como siempre, la leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo, de rojo los extracomunitarios y entre paréntesis la valoración que precisan para subir el 15%. Me podeis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Ennis (-9)

Pangos (2)

McCalebb (3)

Segundo banzo

Segundo escalón

Dimitrijevic (-9)

Granger (20)

Cvetkovic (1)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Llull (23)

Hannah (35)

Cook (7)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández (17)

McFadden (-5)

M. Thomas (-9)

Brizuela (-19)

Segundo banzo

Segundo escalón

Blazic (-8)

Hilliard (6)

Popovic (15)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Abalde (-3)

M. Garcia (-8)

Milosavljevic (-7)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas (-40)

Lalanne (-3)

Jordan (13)

Segundo banzo

Segundo escalón

Shengelia (45)

Poirier (43)

Tavares (32)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Pasecniks (-1)

Cate (-2)

Diop (2)

Gerun (7)

Birgander (2)

Granger contra o Estu —equipo no que se formou— sempre superou os 15 e a semana que vén xoga contra o Valencia, que está a ser das peores defensas dos bases. Hannah ten unha suba complicada, co que non é para todos e por iso cae ao terceiro nivel. Mais para os equipos que estean xa en moi boa situación de broker, conta con interese porque xoga de forma consecutiva contra as dúas defensas que máis valoración están a conceder dos bases esta tempada e el inda non baixou de 12. Cook fixo dous bos partidos o ano pasado contra o Baskonia. O Madrid vai tan sobrado que, incluso con varias baixas no xogo interior, Laso non volveu sacar a Randolph tralo primeiro cuarto e Tavares tamén se sentou por problemas de faltas e xa non fixo falla que saíra de volta. Iso deixa moita incerteza cos seus interiores, polo que neste punto só pensaría en manter a Tavares pola súa bandeira e porque é capaz de valorar moito en pouco tempo en pista. No Baskonia, parece que Shengelia e Poirier non van baixar da quincena de minutos nin en semanas cargadas de partidos nin cando os vitorianos vaian gañando de forma cómoda. Iso, no momento de forma tan espectacular no que están, debería asegurarnos boas valoracións semana tras semana. Non así cartos, porque están moi caros, mais se inda están nos equipos, eu xa non pensaría na súa venda. No caso de Shengelia incluso me parece boa fichaxe se temos cartos abondo para recuperalo.

O equipo do blog

El equipo del blog

Máis resurreccións para a colección da xornada. Primeira semana decente para Andrómenas. Os 144.4 puntos da xornada permitíronme á fin unha suba substancial esta tempada: escalei máis de 14 mil postos até o 38120º da xeral. Mais, como non todo pode ser bo con este equipo, os marabillosos 2.4 que fixeron entre Mathias (baixa por lesión) e Dawson (desesperado) no aprazado conseguen que afronte a sexta xornada no 41278º da xeral. Paradoxalmente, a quinta foi a primeira vez no curso na que perdín puntos cos cambios. Pérez, Shengelia e Clark fixeron un par de puntos máis ca Tavares, Jordan e Ennis; a cambio, estes últimos sumaron un cuarto de millón máis de broker. Pagou a pena. En total esta semana gañei 969 mil euros de broker.

A pesar da boa xornada, quédame un equipo pouco do meu gusto para esta. Vou ter que manter xogadores que preferiría non levar e ademais faltoume un chisco en caixa para poder introducir os cambios que quería (Neno, Jaime e Lalanne) e así apurar o broker. Non me queda máis remedio que deixar unha morea de cartos sen usar para tentar enderezalo a dúas semanas. Fóra Santana, Evans e Randolph e dentro Dimitrijevic, M. ThomasLalanne. Así a semana que vén podería dar entrada a Toko por Tavares e a ver se coa venda de Renfroe teño cartos para meter a Jaime por Tomàs.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Night of the Living Dead (George A. Romero, 1968).