—Maestro Ibrahim, gran vidente especialista en todo tipo de problemas y dificultades, ¿en qué puedo ayudarle?

—Podo facerlle unha consulta persoal antes de comezar?

—Claro, por algo soy su curandero africano de confianza.

—Vostede antes non se facía chamar Diaby?

—…

—Xa, claro, ten que agochar a súa verdadeira identidade porque vostede é… Batman?

—No, soy un gran astrólogo y científico.

—Batman é científico!

—¡Que no soy Batman!

—Está ben, só unha última comprobación: que é marelo e escribe?

—Un lápiz.

—Agora créoo.

—¿Quiere que le ayude en algo o no?

—Si, verá, é un asunto revesgado. Hai uns cantos días, estando cunha moza rompeunos o preservativo. Non lle baixou a regra onte, se cadra pola nerviosidade, e acábame de chamar moi preocupada. Quedamos en volvernos ver a semana vindeira se todo segue igual para facermos unha proba de embarazo. Vostede podería influír para que o test saia ben?

—Pues claro, el Maestro Ibrahim arregla casos muy desesperados con rapidez y resultados positivos y garantizados en siete días.

—Témola clara!

ibrahim