SuperManager Fase Final: xornada 2

Balance

Resultou tan imprevisíbel como temiamos. Papamos seguros de vida como Prepelic, Campazzo, Shengelia, Shermadini… Na ACB os cinco equipos de máis orzamento semellan estar a varios chanzos do resto.

B

Huertas (13)

Campazzo (6)

Henry (8.4)

Hannah (8)

Bassas (20.4)

Llull (24)

Rousselle (7)

Dimitrijevic (2)

A

Prepelic (-)

Shields (12)

Deck (10.8)

Díez (18)

Hanga (22.8)

Bouteille (6)

Higgins (14.4)

Ennis (8)

Barreiro (9)

Brizuela (2.4)

Brussino (22)

Abalde (28.8)

McFadden (18)

P

Mirotic (25.2)

Shermadini (9)

Shengelia (6)

Tavares (22.8)

Dubljevic (8.4)

Balvin (12)

Lima (19.2)

Radovic (9)

Hlinason (7)

Labeyrie (9.6)

Morgan (20)

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.

B

Huertas

Hannah

Mekel

Vildoza

Llull

Dimitrijevic

Van Rossom

A

Abalde

Higgins

Díez

Hanga

Brussino

Shields

Bouteille

Claver

McFadden

P

Mirotic

Costello

Shermadini

Shengelia

Tavares

Tobey

Omic

Morgan

Balvin

Lima

Reitero que polas aperturas de tempo non responderei dúbidas durante esta Fase Final.

Bilbao – Joventut

(19, 15:30)

CAN, FCB | UNI, CAN

Sen Hanga e Higgins asfixiándoo, Neno debería ter menos problemas contra o Bilbao. Coido que o fará ben. Contra o Unicaja non o vexo, pero se apostamos por el podemos mantelo contra os de Mumbrú. A baixa de Prepelic sorprendeunos a todos, xogará? Non parece que Duran vaia dar ningunha pista (nin sequera que estea na rolda de quecemento nos vai garantir nada). O mellor é non arriscar agás que saia de titular. Os pivotes estiveron moi ben, sobre todo semella interesante Omic, volveu coa mesma enerxía de sempre. Morgan cumpriu os mellores presaxios, é unha das referencias anotadoras do equipo e está en crecemento. Frouxo Bilbao no debut, podemos aguantar a Balvin (que tampouco é das opcións principais, ao Barcelona custoulle máis do previsto no cinco) e para de contar.

Unicaja – Barça

(19, 18:30)

JOV, BAS | BAS, BLB

Grandes sensacións dos malagueños no debut. Funcionou moi ben como equipo. As individualidades para o xogo xa son máis incertas. Mekel serve para equipos de Fase Final, segue a producir moito dende o pase, pero para equipos con maior orzamento non vai ser doado apostar por un base contra a defensa asfixiante do Barça ao un. Bouteille empezou moi ben e despois só fixo restar. Para min non sería unha tolería quedar con el: fixo un encontro enorme na regular contra o Barça e a maior esixencia deste encontro debería amosarnos unha mellor versión súa. No Barça hai dous xogadores que chegan cunha marcha máis: Hanga e Higgins. Semellan das opcións máis sólidas nas ás. Claver estivo espléndido, mais non adoita ser consistente en canto a números. Válenos para equipos con aperturas económicas. Mirotic non precisa estar a tope para irse á vintena. Segue fixo.

Baskonia – Canarias

(19, 21:30)

FCB, UNI | BLB, JOV

Demostración de forza do Baskonia. Cun mal Toko, gañou moi fácil o derbi. Non sempre vai facer un 0 de 5 en triplas o xeorxiano, podemos darlle outro partido de marxe (capturou 9 rebotes), na regular foise á vintena nos dous enfrontamentos cos canarios. Vildoza saíuse, ten unhas condicións fabulosas e fixo de todo (20-5-5) e ben. Porén, o seu problema este curso foi a consistencia, despois dun bo partido sempre chegou un malo e cunha rotación de tres bases (aínda que coincidan dous varias veces) semella complicado acertar con cal lle vai tocar o bo partido. O exterior máis consistente dos de Dusko ségueme a parecer Shields. O outro xeorxiano ilustre tamén tivo un inusual desacerto (2 de 9 en tiros de 2 cando superou o 65% de acerto na tempada). O Canarias precisa ao mellor Shermadini (tamén acadou a vintena en ambos choques contra os vitorianos) para competir por meterse, e xa quedou sen marxe de erro. Non imos atopar outro base polo que pase tanto xogo e que estea tanto tempo en cancha; Huertas segue a ser fixo. Magnífico Dani Díez, a súa gran capacidade reboteadora fan del unha bandeira solidísima.

Burgos – Madrid

(20, 15:30)

GCA, VBC | VBC, AND

Laso semella que vai aproveitar o seu cadro interminábel para afogar os rivais e chegar fresco ás eliminatorias. Iso para o SuperManager é un problema. Na primeira Campazzo xogou pouco e Llull moito; non hai forma de saber como vai ser o reparto nos vindeiros. Así que na medida do posíbel, tentaría evitar xogadores do Madrid para equipos da xeral (para cazaxornadas son gorentosos). Dos que non estiveron ao seu mellor nivel este ano, Carroll e Llull chegaron moi en forma. A Carroll descártoo, porque precisa anotar demasiado para valorar ben e Llull si ten que entrar na listaxe, mais xa digo que non me fiaría, porque xogou moitos minutos e Laso dubido que vaia sobrecargar a ninguén. Temería menos con Tavares, porque é capaz de valorar ben aínda tendo menos minutos dos que disputou na primeira xornada. Aínda así, se nos cadran as bandeiras, outras opcións interiores sempre van ofrecer menos incerteza. O Burgos deixou unha boa impresión contra o Zaragoza e levou unha vitoria de moito mérito. Un dos máis destacados foi Bassas, que ademais asumiu responsabilidades cando a pelota queimaba; porén, contra o Madrid non é o partido para contar con el (-3 na regular). En cazaxornadas e equipos afoutos podemos pensar en McFadden, saíuse no encontro de liga e tamén o fixo ben no debut da Fase Final. Poderiamos pensar en manter a Lima se apostaramos por el. Produciu moito na primeira xornada e tamén fixo un bo partido no enfrontamento na liga.

Andorra – Gran Canaria

(20, 18:30)

ZAR, RMA | BUR, ZAR

O único xogador interesante no Andorra nestes momentos semella Hannah. Non valorou ben porque estivo moi desacertado na tripla, mais o xogo pasa polas súas mans. No Granca, xa apuntaba na primeira xornada que Costello pintaba moi ben para este, non digamos despois de ver a exhibición contra o Madrid. Tampouco vexo máis opcións nos insulares, se cadra Shurna válenos para cazaxornadas.

Valencia – Zaragoza

(20, 21:30)

RMA, BUR | AND, GCA

Se Ponsarnau lle dá a Abalde os minutos que merece, sempre é dos mellores (esperemos non ver inventos). Deu un recital, como o que ofreceu contra os maños na regular. É unha das mellores opcións e ademais achega bandeira. Van Rossom non adoita fallar na Fonteta, aínda que estea baleira; as facilidades que dá no un o Zaragoza fan del un xogador interesante para diferenciármonos, con todo, non conto con velo alén da quincena. Despois habería que vendelo. Pois non foi Labeyrie, foi Tobey o que tivo o día. Estivo inmenso cun 15-13. Non foi o xogador máis consistente para o SM este curso, mais se Dubi segue así e co nivel que amosou no encontro inaugural, pode ser interesante para os que queiran algo diferente: o seu mellor encontro da tempada até o de agora fora precisamente fronte o Zaragoza e desta volta o xogo interior dos de Fisac é máis feble. Os maños están xa obrigados a gañar para seguir en competición, aínda que coas baixas coas que chegaban semellaba complicado repetir o papel tan brillante da regular. O mellor do debut foi Brussino, regresou a un nivel espectacular: quedou preto do dobre-dobre en puntos e rebotes e ademais achegou 5 asistencias. Para o SM interésannos xogadores que sexan capaces de sumar en moitos apartados, así é máis complicado que pinchen (na liga fixo un 10). Non parece o mellor partido para Ennis contra unha das mellores defensas na posición (xa o pararon no encontro de liga).

O equipo do blog

O orzamento condiciona a miña capacidade movemento. Para dar entrada a Costello por Labeyrie tiña que sacar cartos por outro lado, así que tamén vendín ao Facu para meter a Vildoza. Tamén sae Barreiro e entra Dani Díez.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á publicidade do SuperManager.