SuperManager x. 16: cuestión de bandeiras

Balance

A última foi unha xornada bastante complicada (con puntuacións non tan altas como noutras semanas). Fallaron algunhas opcións que semellaban bastante seguras, como Musli, Pérez ou Beirán, e foron chave xogadores como Toolson, Huertas, Shields ou Balvin que completaron grandes actuacións a domicilio. Nos meus equipos foi unha xornada de transición, na que apenas tiven grandes subas ou baixadas. O meu mellor na xeral quedouse en 170.4 puntos (con Balvin e Abalde, mais tamén con Pérez, Beirán e Musli), que supuxo unha pequena baixada de 72 postos até o 1453º da xeral. Vai ser complicado recuperar o Top 500.

B

Hannah (25.2)

Bellas (13)

Campazzo (7)

Pérez (2.4)

Bassas (10)

Huertas (24)

Calloway (6)

Díaz (21.6)

A

Bouteille (16.8)

Prepelic (22)

Beirán (6)

Abalde (26.4)

Toolson (31.2)

Booker (15)

Ennis (21.6)

Harper (-1)

Conger (4)

López-Arostegui (3)

P

Mirotic (16.8)

Musli (2.4)

Shermadini (19)

Shengelia (12)

Balvin (26.4)

Brodziansky (26.4)

Kravic (21.6)

Kravish (10.8)

Tomic (10.8)

Dubljevic (34.8)

Lima (6)

Arteaga (18)

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15% os xogadores con suba doada.

B

Huertas

Hannah

Campazzo

Henry

Cook

Pressey

Díaz (5)

Bellas

Oliver

A

Bouteille

Prepelic*

Shields

Toolson (33)

Booker

Díez

Hanga

Barreiro

J. Fernández

Loyd

R. Fernández (16)

P

Shermadini

Mirotic

Balvin

Shengelia

Tomic

Thompkins (-20)

Kravic

Tavares

Omic

Costello

Gerun

Cate

A distribución de bandeiras vai ser esencial esta semana. A configuración que máis me gusta é 1-1-2, mais dependerá de que equipo partamos.

Unicaja – Obradoiro

(4, 18:00)

@MUR, @BET | BUR, @AND

Díaz preséntase como unha das opcións de bandeira principais nos bases. Só baixou da ducia contra o Barça nas últimas seis xornadas e na casa mellora moito o seu rendemento. Ten unha suba do máximo doada e está moi barato. Despois véñenlle dúas saídas consecutivas. Jaime non ten mal partido, o Obra dá facilidades na posición e o madrileño adoita mellorar de forma considerábel o seu nivel de local. Porén, debemos ter en conta que este ano está a ser moi irregular e despois ten dous seguidos fóra (onde non chega aos 8 de media). A presenza ou non de Brizuela (que é dúbida) non creo que mude as perspectivas de Fernández. Aínda que o Málaga estea a dar facilidades na posición e a baixa de Muñoz reduza a rotación do Obra, non hai ningunha opción sólida nos composteláns (Magee é candidato perpetuo a cazaxornadas, algún día tocará… aínda que xa comezo a dubidar). Por dentro o Unicaja é a mellor defensa da liga de local, descartaría a un Brodziansky en moi boa dinámica; non así a Kravic, que dá o mellor de si contra os rivais máis complicados (19 de media contra eles). Para cazaxornadas apunto o nome de Czerapowicz, que pode facer dano ao Unicaja dende a distancia. Se procuramos a sorpresa, Gerun pode ser unha boa opción contra un Obra que dá moitas facilidades na posición; non podemos esperar un trinta del, mais igual o vemos por segunda vez no curso na vintena.

Andorra – Zaragoza

(4, 18:00)

@MAN, OBR | CAN, GCA

Hannah atópase nun gran momento e na casa eleva o seu nivel até os 17 de media. As opcións copeiras do Andorra repousan nas súas mans. Alocén fixo un gran encontro fronte o Baskonia, que esta vez si que quedou reflectido nas estatísticas; porén, fóra da casa non pensaría nel (despois véñenlle dous de local, será entón unha boa opción de bandeira). O Zaragoza é un equipo demasiado complicado como para pensar nas irregulares ás do Andorra (se tivese que quedar con unha, faríao con Todorovic). No Zaragoza poden aproveitar que o Andorra dá moitas facilidades na posición. O que mellor se está a desenvolver a domicilio é Barreiro (14 de media), ao contrario que Seeley e Ennis aumenta os seus números a fóra da casa. Xa no millón e sendo un xogador que baixa bastante a domicilio, a presenza de Ennis esta xornada é complicada. Non o ficharía agora (na vindeira e con dous seguidos en Zaragoza pode ser unha grande opción); se xa o temos, non é das vendas máis urxentes: aínda que xogue fóra, terá a motivación extra que lle dá regresar á que fora a súa casa o curso pasado. A gran decepción da última semana foi Musli. O pivote serbio fixo o seu peor encontro do curso nun dos partidos nos que en teoría tiña máis vantaxe. Agora é complicado pensar nel contra un Zaragoza que é a mellor defensa a domicilio.

Bilbao – Estudiantes

(4, 20:30)

@FCB, MAN | RMA, @CAN

A unha semana (porque despois ten o derbi) gústame Pressey. O Bilbao é, con diferenza, a peor defensa dos bases (até oito xogadores fixeron 20 ou máis contra eles na posición), e o norteamericano está a tirar proveito das defensas máis amábeis (17.5 de media). Nas ás non hai moito que rascar alén de Bouteille, que é fixo. O momento de Avramovic xa chegará. Por dentro, Balvin ten moi boas perspectivas: leva tres seguidos superando a vintena e enfróntase á peor defensa interior a domicilio.

Burgos – Barça

(4, 20:30)

@OBR, JOV | BLB, @FUE

O Barça esmagou o Madrid na última xornada, pero vén de perder en Vitoria nun encontro no que tardaron moito en entrar. O Burgos quererá seguir alentando o seu soño de estar en Málaga. Contra o Barça non consideraría a Bassas (está nun -5 de local contra os culés na súa carreira). O Burgos dá moitas facilidades no base, pode ser un bo encontro para Hanga (que está nas ás, pero xoga bastantes minutos de un). O húngaro atópase nun gran momento (dúas xornadas seguidas na vintena) e debería aproveitar a mala defensa do Burgos como fixo en Badalona. Por dentro as opcións tamén están no Barça. Mirotic é fixo, e máis agora coa escaseza de bandeiras sólidas. Tomic tamén é moi interesante nunha cancha que comeza estar entre as súas favoritas. O croata este curso está a render moi ben fóra da casa (máis de 22 de media), a iso hai que sumarlle que as dúas veces que visitou Burgos na súa carreira rematou con 31.2 e 44.4 (lembremos que este mesmo curso foise a 32.4 noutra das súas canchas predilectas: o Nou Congost).

Baskonia – Manresa

(5, 12:30)

@GCA, RMA | AND, @BLB

Despois de ser reducido a cinsas polo Zaragoza, o equipo vitoriano recobrou moral coa vitoria fronte o Barça na Euroliga. Só lle serve gañar se quere estar en Málaga. A baixa de Vildoza mellora moito as perspectivas de Henry. O norteamericano multiplica as súas prestacións con máis espazo no un (está en case 22 de media sen Vildoza) e xa vén dun gran encontro na Euroliga contra o Barça, onde estivo moito máis implicado que nos últimos encontros. Cvetkovic queda como o único un no Manresa: Pérez únese a Ferrari como baixas. É opción? Eu non o contemplo para equipos da xeral, non é un xogador que me ofreza garantías, aínda que para cazaxornadas pode ser interesante. Shields foi o mellor en Zaragoza, mantívose na vintena nunha cancha moi complicada. Agora, contra a peor defensa nas ás, é unha das opcións máis atractivas da xornada. Despois ten unha saída moi complicada a Gran Canaria (na que pode haber un billete para a Copa en xogo), pero no momento no que se atopa debería cumprir. Nesta xeira vitoriosa que afastou o Manresa do descenso, o xogador chave foi Toolson (dúas exhibicións e unha canastra da vitoria). Este ano está a dar o mellor de si lonxe do Nou Congost (achégase aos 20 de media fóra) e o Baskonia ofrece moitas facilidades na posición. A priori debería seguir nos seus números, aínda que hai que ter en conta a urxencia de vitorias dos de Dusko e que a defensa baskonista vai centrar esforzos nel agora que o Manresa perdeu outros focos ofensivos. Toko fixo un gran encontro fronte o Barça na Euroliga e a súa bandeira é aínda mais valiosa esta semana. Na casa está en máis de 21 de media (26.4 e 27.6 nas dúas últimas visitas dos do Bages) e despois ten unha saída favorábel a Gran Canaria, que é moi hospitalaria cos interiores.

Joventut – Murcia

(5, 12:30)

@VBC, @BUR | UNI, @VBC

A esta Penya está a lle custar moito cambiar dinámicas, perdeu catro de inicio, despois gañou sete seguidos e agora volve estar con catro derrotas consecutivas. As súas opcións de Copa xa son moi complicadas e pasan por gañar os dous que quedan. Se a xeira da Penya é mala, a do Murcia é terrorífica: 7 derrotas consecutivas e só unha vitoria a domicilio no curso. Os bases da Penya non pasan por un bo momento para aproveitar que o Murcia é o peor na posición a domicilio. Prepelic complica un pouco máis unha xornada que xa pintaba moi difícil. É dúbida por unha lumbalxia. Se chega, debería seguir sendo fixo. Non me parece mala idea agardar por el se podemos estar pendentes antes de encontro, se finalmente non chega, podemos pensar na opción do equipo rival: Booker. O norteamericano superou os 40 na última visita a Badalona e hai unhas semanas Toolson tamén deu unha exhibición alí. Porén, a Penya na súa boa xeira era a mellor defensa na posición; se queren apurar as opcións de Copa deben volver subir o seu nivel defensivo. Os de Sito dependen por completo dunha boa actuación de Booker: este ano superou a vintena en cinco partidos (catro foron vitorias, as únicas que leva o seu equipo na tempada, e o outro foi unha derrota decidida ao final en Gran Canaria). Por dentro non é un mal encontro para Omic, que fixo unha primeira parte fabulosa en Andorra. No Murcia, se procuramos unha bandeira sorpresa, temos a un Cate que non xogou por decisión técnica na última xornada, pero que está a dar un gran rendemento a domicilio: máis de 14 de media. O Joventut dá moitas facilidades aos cincos.

Betis – Gran Canaria

(5, 12:30)

@FUE, UNI | BAS, @ZAR

Cook retomou a tempada onde a deixara, como se non pasase un mes afastado das canchas. Foi chave para manter ao seu equipo con opcións de estar en Málaga. É moi boa opción esta semana, fóra da casa (mellora a domicilio) contra un Betis que dá moitas facilidades. A vindeira, de local contra o Baskonia, terao máis difícil. Despois de dúas semanas a gran nivel, podemos considerar a Oliver como bandeira sorpresa para equipos con poucos cartos contra o seu ex. Xa dixen a última vez que Slaughter precisaba varias boas actuacións seguidas para volver entrar, só coa da semana pasada non abonda. Para cazaxornadas é unha boa opción contra un Granca que dá facilidades. Un dos que defraudou a última xornada foi Beirán. Non vexo unha loucura mantelo ante a falta de alternativas fiábeis na posición, mais á hora de dar entrada a alguén non apostaría por el após dúas malas xornadas. No Betis, coa chegada de Jordan e o mal momento de Whittington, non pensaría nin sequera nun Niang que estivo moi ben a semana pasada. Costello fóra da casa está a baixar moito, pero non o vexo mala opción contra unha das defensas máis permisivas dos cincos, despois de local (21 de media) recibe aos de Dusko, que están a ser bastante amábeis na posición lonxe do Buesa.

Canarias – Fuenlabrada

(5, 13:00)

@ZAR, EST | BET, FCB

O Canarias está xa moi preto da Copa e ten unha gran oportunidade de sacar o billete para Málaga. Huertas volveu saldar cun sobresaínte unha visita moi complicada, desta volta a Valencia. Agora ten por diante un encontro moi favorábel para seguir na vintena por terceira semana consecutiva e fechará a primeira volta nunha saída complicada a Zaragoza. O seu par, Bellas, ten unha xornada complicada. O Canarias é un equipo moi duro e el baixa moito fóra da casa (case 9 menos). Non creo que sexa a xornada para fichalo, pero podemos aforrar o cambio se xa o temos no equipo (debería andar pola decena), porque a semana que vén, na visita do Betis, ten encontro para pico. O regreso de Anderson e a chegada de Brown complican o panorama para Marc Garcia, esta semana tampouco é unha opción a ter en conta. Sigo a pensar que é o exterior do Fuenla con máis talento e que volverá ser interesante no futuro. No Canarias, Yusta e Salin andan cun virus e son dúbida, iso pode facer incluso máis atractiva a opción Díez. Non pensaría nel a máis dunha xornada pola visita a Zaragoza da vindeira. Por dentro, todo o protagonismo é para Shermadini, que ameza co enésimo pico da tempada en La Laguna (está en 35 de media na illa!).

Madrid – Valencia

(6, 18:00)

@EST, BAS | JOV, MUR

O prato forte da xornada. O Valencia está en clara tendencia ascendente, pero o certo é que non ten a Copa segura, nin moito menos. No equipo taronja a opción máis sólida é Dubljevic. Está a un nivel moi alto nas últimas semanas e dá o mellor de si nos encontros importantes. A non ser que o Madrid rompa axiña o partido, dubido que baixe da quincena (fixo 18 cando se enfrontaron hai unhas semanas na Euroliga). O outro xogador en estado de graza no Valencia é Abalde, que está no seu mellor momento (7 seguidos sen baixar da decena). Porén, o Madrid é unha defensa durísima (Abalde nunca acadou a decena contra os brancos) e lonxe da Fonteta a achega do galego é menor. Como aínda ten unha suba doada e vén xogando moi ben, non vexo mal quedar con el se temos trocos máis urxentes (despois véñenlle dous seguidos de local contra rivais favorábeis). Si que podemos pensar en Loyd se queremos arriscar. O norteamericano mellora moito fóra da casa (case 18.5 de media) e foi o mellor do Valencia cando se atoparon semanas atrás na Euroliga (25 de valoración). Nun encontro de máxima esixencia e con Llull aínda de baixa, Campazzo xérame poucas dúbidas a pesar do mal encontro no Palau da semana pasada. Na casa amosa moita solidez (case 17 de media), o Valencia non está entre as mellores defensas da posición e acadou a vintena contra os laranxas na Euroliga. Para o derbi da vindeira xa non o teño tan claro. Se o Madrid repite as baixas da Euroliga, podemos atopar unha bandeira sorpresa en Fernández. Vén dun gran encontro na Euroliga esta semana e acadou a quincena noutros tantos minutos no choque europeo contra o Valencia. Tavares de local sempre é atractivo (máis de 23.5 de media), non creo que vaia dar un pico esta semana, mais deberiámolo ver cando menos na quincena. Como opción barata (e moi interesante), que nos pode axudar moito a equilibrar os equipos se andamos escasos de broker, debemos contemplar a Thompkins. Despois de tardar moitas semanas en sequera debutar este curso, está a un nivel altísimo nos últimos encontros, sobre todo de local (máis de 25 de media). Ademais, a baixa de Randolph xoga ao seu favor. Nese precedente próximo no tempo na Euroliga, foise á vintena en só 16 minutos de xogo.

O equipo do blog

En Andrómenas puiden subir un chisco (220 postos) grazas aos 181.2 puntos da xornada. Quedo no 3355º da xeral. Só fixen dous trocos, e perdín puntos (e cartos) con eles. O Hannah por Calloway saíu moi ben, pero o Musli por Balvin foi un desastre. Se quería meter a Hannah tiña que aforrar nos pivotes, agardaba que Musli estivese nos números de Balvin; non foi así.

Como é evidente que preciso cartos, vou aproveitar dúas boas opcións que deberían achegar puntuación e broker: entra Díaz no sitio do lesionado Pérez e Thompkins no de Musli. O terceiro vouno reservar a ver que sucede con Prepelic. Se o esloveno non chega á xornada, é bastante probábel que entre Shields; se Prepelic xoga, igual lle dou entrada a Díez por Abalde.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á aventura gráfica Day of the Tentacle (LucasArts, 1993).