Esta vez foi a baixa de Beirán a que condicionou os cambios. Non houbo tantas valoracións altas coma a semana pasada, mais o xogo si que empeza a acadar unha normalidade que non estivo presente no primeiro tramo: os 200 puntos xa non van tan caros. No meu mellor (con Gentile, Llovet e Sutton) manteño a tendencia positiva: 202.4 puntos que me permiten escalar até o 281º da xeral (preto xa do meu tope desta tempada, que está no 258º). Case 200 postos gañados nas últimas 3 xornadas. O meu segundo mellor está a seguir o camiño contrario, hai esas tres xornadas era o meu mellor (399º) e agora xa vai o 655º.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (28)
Heurtel (7.2)
Fisher (15.6)
Segundo banzo
Segundo escalón
Campazzo (18)
McCalebb (12)
Llull (12)
Ennis (19.2)
Vildoza (12)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Booker (4)
Van Rossom (15.6)
Albicy (-3)
Boatright (7.2)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Toolson (14.4)
Vasileiadis (7)
Brizuela (31.2)
Segundo banzo
Segundo escalón
Gentile (24)
Okoye (16)
Terceiro banzo
Tercer escalón
San Emeterio (-)
Eyenga (7)
Shields (21.6)
Cancar (15)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Todorovic (12)
Iverson (20)
Tomic (24)
Segundo banzo
Segundo escalón
W. Thomas (16.8)
Sutton (20)
Caner-Medley (12)
Shermadini (26.4)
Diagne (24)
Whittington (18)
Brown (5)
Ayón (3.6)
Voigtmann (28.8)
Abromaitis (6)
Llovet (19)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Lessort (10.8)
Tavares (19.2)
Poirier (9.6)
Brodziansky (5)
Tobey (24)
Salvó (3)
Moito acerto esta semana nunha listaxe chea de verde. A elección de bandeiras semellaba a chave da xornada e foille ben á maior parte das opcións propostas (coa excepción de San Emeterio, descarte sorpresa de Ponsarnau; Salvó estaba apuntado pero para cazaxornadas, e si houbo ese pico nacional nos interiores do GBC, mais foi para Burjanadze). Notábel.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Segundo banzo
Segundo escalón
Heurtel
Campazzo
Vildoza
Roberts
Llull
Fitipaldo
Terceiro banzo
Tercer escalón
Hannah
Ennis
Bassas
Pérez
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Segundo banzo
Segundo escalón
Brizuela
Eriksson
Gentile
Vasileiadis
Shields
Carroll
Terceiro banzo
Tercer escalón
Toolson
Lundberg
Eyenga
Cancar
Brussino
San Emeterio
Zeisloft
Ribas
Jelínek
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Todorovic
Sutton
Tomic
Dubljevic
Tavares
Gerun
Segundo banzo
Segundo escalón
Llovet
Poirier
Tobey
Iverson
W. Thomas
Shermadini
Huskic
Burjanadze
Terceiro banzo
Tercer escalón
Voigtmann
Vázquez
Balvin
O foco de atención segue posto nas bandeiras. A oferta de extracomunitarios xa non é tan ampla e atractiva como en semanas anteriores, Iverson ten un partido moi duro contra un dos seus ex, Fisher causa baixa e o seu compañeiro Toolson terá que se enfrontar ao implacábel Real Madrid. Falando do Madrid, o partido é o domingo na súa cancha, xa sabemos que pode significar iso: que saibamos do descanso dalgún xogador importante a escasos minutos do comezo do partido (co conseguinte 0). Así que se podemos evitar os xogadores brancos, iso que gañamos en tranquilidade.
Perdemos un dos habituais e alén de Lapro a cousa está moi aberta.
primeiro banzo
primer escalón
Agás lesión, será complicado que Laprovittola baixe do primeiro chanzo no que queda de curso. Está en todos os equipos e aí vai seguir. Ten dous partidos seguidos fóra (21 de media lonxe do Olímpic) contra o Obra e o Valencia Basket, dous equipos que non destacan na defensa dos uns.
segundo banzo
segundo escalón
Cando mellor parecía estar, Heurtel padeceu un descenso súbito no seu rendemento (11 e 7.2 na ACB e 5 no partido da semana pasada na Euroliga). Iso esperta algunhas dúbidas para esta xornada contra un Estu que mellora bastante a súa defensa no un a domicilio (5ª mellor). Ten un bo precedente da ida 25.2 e tamén dos outros dous partidos contra os colexiais des que está no Barça: 16 e 19. Despois enfróntase ao Madrid; aínda que non acadou a decena na ida, en datas máis recentes deu unha exhibición na Copa e na Euroliga contra eles.
Campazzo é o que lle dá unha marcha máis ao Madrid. Rara vez non rolda a quincena (só quedou lonxe dela en 2 dos últimos 10). Véñenlle dous partidos de local contra o Manresa e o Barça, nos que debería seguir nos seus números.
Vildoza leva 6 das últimas 7 xornadas en 12 ou máis. Podemos esperar que rolde a quincena nos dous próximos partidos: na casa contra o Canarias e na visita a Zaragoza, ambos defensas medias na posición.
Roberts vén de ser o MVP da última xornada e ten un rival que recibe moito dos bases (Gran Canaria). Non estaba a ser dos xogadores máis regulares, aínda que superou a decena en 8 dos últimos 10 encontros da ACB. Na ida quedou nun 2.4. Despois ten un partido complicado na visita do Obra.
O maior valor de Llull segue a ser a súa bandeira. Esta semana enfróntase ao seu ex, contra o que o adoita facer ben de local (8.4 na ida). Superou a decena en 5 dos seus últimos 6 partidos, aínda que só acadou a vintena 3 veces este curso. A semana que vén debería saír, porque recibe a un Barcelona que este ano está a poder con el (-2 e 3 na Euroliga e 11 na final de Copa).
Fitipaldo enfróntase a un Andorra que lle está a poñer as cousas complicadas aos bases a domicilio. Porén, o uruguaio case nunca falla de local, o Burgos está nun gran momento e xa na ida acadou a quincena. Despois terán un partido moi duro na visita a Manresa.
terceiro banzo
tercer escalón
No desenlace do derbi canario volvemos ver a mellor versión de Hannah. Aínda así, debemos ter paciencia, esta semana na Euroliga, no debut de Pedro Martínez no banco, quedou nun 4. O Unicaja é un rival moi favorábel, está a recibir moito dos bases des que se lesionou Alberto Díaz, e o Granca de local faise forte. É unha opción de risco que pode saír moi ben.
Ennis a domicilio baixa a súa media en máis de 7, así que perde atractivo. Mantense na listaxe porque o Burgos non é das defensas máis duras das ás (13.2 na ida).
Bassas vén dun gran partido, mellora os seus números fóra e estivo ben na ida contra o Baskonia (18). A volta de San Miguel (que xogou xa na Champions) réstalle algo de atractivo.
A bandeira para cazaxornadas pode ser a de Pérez. Rebec chegou co punto de mira moi desviado (1 de 11) e Dani é unha das esperanzas para un GBC que está ante unha das súas derradeiras oportunidades (recibe a visita do Breo, 3 vitorias por diante). Na ida fixo 17.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Dimitrijevic non entra por pouco. Está nun bo momento e o Obra non é unha gran defensa dos uns, mais a chegada de McFadden ha de lle restar algúns minutos.
Estamos ante unha das xornadas máis complicadas na posición. Tanto é así que por primeira vez des que escribo estes artigos non puxen ningún xogador no primeiro banzo. Esa falta de opcións claras invita a que aproveitemos para introducir bandeiras.
primeiro banzo
primer escalón
Ningún me dá seguridade abondo esta semana para incluílo aquí.
segundo banzo
segundo escalón
Incluso contra o Barça, non dubidaría da presenza de Brizuela se xa o tiñamos no equipo. A súa bandeira é moi importante, vén dunha xornada magnífica e nas ás é onde os culés son máis accesíbeis. Se non o tiñamos, a súa entrada non é obrigatoria (aínda que non hai moita alternativa), porque fóra baixa o seu rendemento. Conto con que cando menos o veremos na decena. Contra o Murcia a semana vindeira de local as perspectivas son mellores.
Eriksson na casa sempre cobra outro atractivo (máis de 14 de media) e ademais o Unicaja é unha defensa amábel. Despois viaxa, así que o mellor é pensar nel só para esta xornada.
Gentile está en moi bo momento (9 partidos consecutivos sen baixar da decena), non vai ter vertixe por enfrontarse ao Barça e xa na ida acadou a decena. Tamén pinta ben para a semana vindeira na visita do Murcia.
Vasileiadis xogará contra a Penya, mais está a arrastrar problemas nun xemelgo que lle arrebatan a condición de fixo (a xornada pasada xa vimos que non está ao cen por cen). O partido a priori era favorábel, a Penya non é das defensas máis duras nas ás, a media do grego de local ascende aos 17 e na ida fixo un 14. A pesar das molestias, coido que o fará ben a pouco que non volva ter un partido desastroso no lanzamento como a semana pasada (1 de 8 en triplas). Se estando mal de puntería e no físico chegou a 7, o normal é que o vexamos superar a decena esta fin de semana.
Sete partidos acumula xa Shields sen baixar da decena. O Canarias non é un rival doado a domicilio na posición e na ida quedou en negativo, mais no seu momento actual debería cumprir. Despois ten un partido máis favorábel na saída a Zaragoza.
De local Carroll mellora os seus números de forma considerábel (ata case os 12 de media) e véñenlle dous na casa. Ten en contra que o Madrid conta cunha rotación moi longa co que non nos ofrece a seguridade doutros xogadores que teñan moitos minutos asegurados, mais un 30 conxunto nas dúas xornadas (Manresa e Barça) non sería raro (fixo un 18 de local contra o Barça na Euroliga, ao que lle habería que sumar o bono).
terceiro banzo
tercer escalón
Toolson está nun momento moi bo, pero esta semana ten unha saída moi complicada a Madrid (8 na ida contra o Real). Nun bo día no lanzamento podería cumprir tranquilamente, mais non é o momento de fichalo e incluso é boa idea darlle unha semana de descanso (na vindeira, de local e contra o Burgos, volverá ser unha das opcións máis atractivas).
A baixa de Fisher ábrelle a porta da listaxe a Lundberg. O xogador danés terá que facer as veces de base, onde o Madrid é máis accesíbel. Xa fixo 18 na ida contra os brancos. A visita do Burgos da semana que vén élle favorábel.
Eyenga case dobra os seus números de local (24 e 18 nos dous últimos) e está xogar moitos minutos. Enfróntase a un Valencia que concede bastante valoración na posición. Despois ten unha saída complicada a Lugo.
Cancar está a ser un xogador moi importante no Burgos e acadou a quincena en 4 dos últimos 5 partidos. O Andorra (quedou en 7 na ida) non é das mellores defensas das ás e o esloveno tamén lles pode facer dano en posicións interiores. Despois vai a Manresa (14 na ida).
Brussino xa estaba a mellorar e a baixa de Beirán outórgalle máis minutos e importancia. Tanto na última xornada coma na Champions superou a decena. Queda como unha opción de moi baixo custe para equipos con problemas de caixa e para cazaxornadas. Esta semana ten unha saída moi complicada a Vitoria, a vindeira ten un partido moi favorábel de local contra o GBC.
San Emeterio estaba en dinámica ascendente e esta semana o Valencia non tiña que xogar partidos europeos, aínda así foi o descarte nos taronjas. Esta semana enfróntase á defensa que máis concede de local, Fuenlabrada, así que as perspectivas deberían ser boas… se xoga. Calquera dos dous razoamentos teñen sentido: «non vai xogar porque a semana que vén teñen dous partidos moi importantes da semifinal da EuroCup» ou «non vai estar dúas xornadas seguidas sen xogar». Non sei cal será a boa. Se non temos información ao respecto, non vería mal xogarma con el se xa o tivese no equipo; se non, apostaría por unha opción de menor incerteza.
Pola súa condición de extra non podemos pensar nel alén de cazaxornadas, pero Zeisloft aterrou con bo pé no GBC: 9 de 15 en triplas entre os dous partidos. Pódelle sacar partido a ese lanzamento dende a distancia contra un Breo que fóra da casa está a ser moi amábel coas ás. Despois vai a La Laguna, onde o Canarias non está a ser das defensas máis esixentes na posición.
Ribas foi unha das figuras da última xornada e enfróntase á defensa máis amábel na posición, contra a que superou a quincena na ida. Ademais, aporta unha bandeira interesante. En contra ten que no Barça é moi difícil atinar coa á que o fará ben, varían moito o seu rendemento dun partido a outro (nos seus tres partidos anteriores, Pau só superou por pouco os 5 nun deles). É unha opción de risco e a unha única xornada, despois enfróntase ao Madrid (dous negativos e un 7 nos tres partidos deste ano).
Unha das bandeiras sorpresa da semana pode ser Jelínek. Estaba a lle custar coller a forma trala lesión, mais tanto na última xornada da ACB como no partido que certificou o pase ás semis da Eurocup para os andorranos o checo foi dos máis destacados cun 15 en ambos (ao que habería que sumar o bono). O Burgos é unha defensa media na posición (non ten un bo precedente na visita do ano pasado: negativo). Despois recibe o Granca, que é das mellores defensas na posición.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Rudy, aínda que segue a ser un dos xogadores máis importantes da liga (lidéraa no +/-), no seu rol actual (no que marca diferenzas para o Madrid) non é un xogador SM alén de cazaxornadas. Pode dar un pico de cando en vez, mais non vai valorar de forma consistente como para telo en conta para o xogo. Hilliard fixo unha gran xornada e na anterior tamén acadou a quincena, mais é un xogador bastante irregular e o Canarias deixouno en negativo na ida. Debemos empregar as prazas de extra en xogadores que aporten maior seguridade. Queda para cazaxornadas. Esta semana non entra Okoye. Enfróntase fóra da casa (menos de 10 de media) contra a mellor defensa de local e despois recibe a visita a do Baskonia, que tamén é unha defensa dura. Rabaseda estaba nun gran momento e podía ser unha das opcións interesantes da xornada, mais causou baixa na Euroliga e polo de agora queda fóra a expensas das novidades. Esta xornada serviranos para ver como encaixa McFadden nunha Penya que a semana que vén visita a unha da das defensas máis amábeis na posición (Valencia).
Se as outras posicións apenas ofrecían grandes opcións, os pivotes volven ter unha oferta ampla e gorentosa.
primeiro banzo
primer escalón
Todorovic logrou acadar a ducia a xornada pasada nun partido moi complicado (enfrontouse a un Tavares incomensurábel e andaba con problemas físicos), nesta en Compostela atoparase cunha das defensas máis hospitalarias (19.2 na ida, cando aínda estaba a coller ritmo). Despois terá unha saída moi complicada a Valencia, aínda que na ida dominou contra un dos mellores xogos interiores da liga: 30.
Sutton vén de marcar o seu mínimo da tempada contra o Barça… un 20! Agora véñenlle dúas xornadas moi de cara, tanto a visita do Andorra como a viaxe a Manresa son citas propicias para que siga nos seus números. A súa presenza semella ineludíbel.
É o momento de Tomic. Está a un nivel espectacular, o Estu é unha defensa bastante amábel e despois enfróntase contra un Madrid que non se lle dá nada mal (17 e 28, aos que habería que sumar o bono, nos dous choques recentes en Copa e Euroliga). Como xogan fóra, non deberiamos ter sorpresas desagradábeis.
Na súa volta xa vimos un gran Dubljevic. Esta semana ten unha saída moi favorable a Fuenlabrada (peor defensa na posición de local á que xa lle fixo un 40.8 na ida). Despois ten un partido máis duro na visita do Joventut, aínda que na ida foise aos 25 contra eles. A inminente semifinal da EuroCup (terán dous partidos durante a semana) faime desconfiar un pouco (por se deciden darlle máis descanso da conta).
Contra a Penya volvemos ver a mellor versión de Tavares. Os verdinegros non estaban acertados dende a tripla e o caboverdiano puxo un cadeado á zona. Ese tipo de dominio defensivo non ten o mesmo impacto que o ofensivo na valoración, mais aínda así contra o Manresa (17 na ida) deberiamos volvelo ver cando menos na quincena. Ademais, Ayón mancouse en Euroliga e será baixa, iso fai que a opción Tavares sexa inda máis interesante. Xa teremos que darlle máis voltas á súa continuidade na vindeira, outra vez de local contra o Barça.
O xogador máis valorado das últimas xornadas é o ucraíno Gerun. Logrou superar a vintena incluso contra o Baskonia. Agora ten uns partidos bastante máis amábeis na visita a Donostia (16.8 na ida) e de local contra o Fuenla (que é unha das peores defensas interiores).
segundo banzo
segundo escalón
Llovet contra a Penya sempre ten un extra de motivación, chega nun gran momento e acadou a vintena na ida. O contra é que o Joventut está a xogar a moi bo nivel e é no pivote onde máis efectiva está a ser a súa defensa. Despois vai a Málaga (6 na ida).
Na casa, Poirier vólveme parecer a opción máis atractiva no Baskonia. O Canarias non é das defensas máis esixentes na posición (13 na ida) e o francés no Buesa aumenta a súa media en case 6 até alén dos 17. Foi MVP da xornada no último partido de local.
Tobey está nun momento impoñente (as dúas últimas xornadas na vintena) e ten un rival ideal no Fuenla esta xornada. Se o Valencia logra romper o partido, o normal é que os seus minutos medren de forma considerábel (aproveitarían para dar descanso a Dubi de cara á eliminatoria da Eurocup). En calquera caso, é un xogador con capacidade para sumar moito en pouco tempo, así que incluso neses 20 minutos que vén xogando nos últimos partidos debería abondarlle para volver a se achegar á vintena.
Esta xornada Iverson afronta un dos partidos máis complicados que lle quedan. O Baskonia, un dos seus ex, é unha das defensas máis complicadas e non terá un emparellamento fácil con Poirier (6 na ida). Se non o tiñamos, podemos agardar unha semana máis para fichalo (a vindeira apunta a pico na visita do GBC); se xa estaba no noso equipo, hai argumentos para quedar con el: o seu chan nas últimas 9 xornadas foi un 18 (que é a media que ten como visitante) e nese período pasou con nota partidos complicados como a visita do Barcelona ou a viaxe a Zaragoza.
Definitivamente W. Thomas xa non está tan ben como hai unhas cantas semanas. Inda así ten un rival moi favorábel e iso fai que non sexa venda obrigada, deberiamolo ver arredor da quincena (iso abonda? Dependerá dos cambios dos que dispoñamos). Non parece probábel un pico. A semana que vén ten un partido complicado na visita da Penya, entón si que debería saír (agás rexurdimento nos tres partidos dos vindeiros días).
Nos últimos encontros os minutos de Shermadini volveron caer, mais agás contra o Baskonia, aproveitounos ben para facerlle un 26.4 ao GBC en 16 minutos, e 13, 19 e 12 na Eurocup sen acadar nunca os 20 minutos de xogo. Nesta tesitura, vai ser difícil que consiga outro pico en tan poucos minutos, mais o Granca é un rival accesíbel por dentro e podemos esperar velo preto da quincena.
Aínda que todos os focos estean postos en Sutton, Huskic ten un partido moi favorábel contra o Andorra. Aos do Principado cústalle moito defender a pivotes do seu perfil (xa fixo un 26 na ida) e tamén debería facerlle dano á defensa do Manresa a vindeira semana (14 na ida).
Burjanadze vén dun pico e acumula un mes sen baixar da decena. O xogador xeorxiano ten un partido interesante de local (a súa media medra máis de 3 até case os 13) contra un Breo ao que xa lle fixo 18 na ida. Despois debería saír, porque viaxa a La Laguna.
terceiro banzo
tercer escalón
Voigtmann de local baixa a súa media a menos da metade. Porén, sen Shengelia si que adoita acadar a decena e o Canarias non é unha defensa complicada (inda que quedou en negativo na ida). Se xa o tiñamos non é un disparate mantelo, mais semella unha mellor xornada para Poirier e hai opcións máis atractivas á hora de fichar.
Se buscamos a diferenciación, unha bandeira de interese pode ser Fran Vázquez, que visita a un Murcia que dá moitas facilidades na posición (13.2 na ida). Despois habería que darlle saída, porque a vindeira xoga contra o Baskonia.
Aínda que Balvin non o fixo ben na ida, mellora de local e por características o Unicaja (que concede bastante valoración) non lle vén mal (19.2 e 24 nos partidos da tempada pasada). Vén dun bo partido na Euroliga. Despois deberiamos desprendernos del, porque fóra os seus números caen case á metade.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Aínda que o Murcia-Zaragoza semella un partido moi favorábel para o xogo interior de ambos, non vexo a ningún outro, á parte de Vázquez, que estea a ofrecer un mínimo de consistencia. Un dos grandes acertos da xornada pasada foi Diagne, agora sae da listaxe porque fóra da casa o seu rendemento é moito máis irregular; pode facelo ben, o Burgos é dos que máis conceden no interior, pero é mellor mirar por opcións máis sólidas. Con Wiley é mellor esperar, a súa praza de extra pesa demasiado para entrar e non tivo unha boa valoración no debut de Pedro Martínez na Euroliga.
Andrómenas seguiu na súa liña de non deixar escapar as oportunidades de infortunio. Desta volta tocou a baixa inesperada de San Emeterio. O que podía ser unha boa xornada quedou noutra oportunidade perdida: gañeí só 70 postos até o 9887º da xeral cos 186 puntos da xornada. Non hai forma.
Saída forzada de Fisher, entra Heurtel no seu sitio. Tamén marcha San Emeterio (grazas por nada) e chega Eriksson. Por último, sae Thomas para facerlle sitio a Sutton. Aínda agradecía algún cambio máis.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á aventura gráfica fan Return of the Tentacle.