Foi unha das xornadas máis complicadas do curso (pincharon xogadores moi populares, como Ennis, Toolson, Gentile, Iverson, Llovet…). Xa advertía que se trataba dunha semana moi complexa nas ás, con poucas opcións claras, e a xornada aínda nos deparou a baixa de última hora de Kostas cos cambios xa fechados. Semana de supervivencia. Tanto a análise coma os meus equipos lograron salvala. No meu mellor manteño a liña ascendente, 172.6 puntos (con Kostas, Gentile e unha aposta por Carroll que non saíu tan ben como esperaba), gañei 48 nos cambios (Tomic, Tavares e Carroll por Toolson, Llovet e W. Thomas). Subín 39 postos e quedo no 242º da xeral, mellor clasificación do curso.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (26.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Heurtel (15.6)
Campazzo (16.8)
Vildoza (21.6)
Roberts (10)
Llull (14.4)
Fitipaldo (9.6)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Hannah (13.2)
Ennis (0)
Bassas (4)
Pérez (22.8)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Segundo banzo
Segundo escalón
Brizuela (11)
Eriksson (28.8)
Gentile (8)
Vasileiadis (-)
Shields (24)
Carroll (13.2)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Toolson (-1)
Lundberg (-1)
Eyenga (20.4)
Cancar (4.8)
Brussino (-2)
San Emeterio (22)
Zeisloft (9.6)
Ribas (7.2)
Jelínek (3)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Todorovic (19.2)
Sutton (16.8)
Tomic (28.8)
Dubljevic (15)
Tavares (18)
Gerun (15)
Segundo banzo
Segundo escalón
Llovet (3)
Poirier (27.6)
Tobey (6)
Iverson (8)
W. Thomas (10)
Shermadini (11)
Huskic (27.6)
Burjanadze (44.4)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Voigtmann (25.2)
Vázquez (13)
Balvin (16.8)
Nesta semana a listaxe queda nun ben. As seis primeiras opcións tanto nos pivotes coma nos bases resultaron en verde, mais nas ás, a que dicía que era a posición máis comprometida da xornada, entre as primeiras opcións están Gentile e a súa valoración minguante (se non lembro mal, chegou a estar en 16.8 e rematou en menos da metade cunha eliminación por dúas técnicas consecutivas) e Kostas (que finalmente foi baixa, aínda que en prensa se daba por segura a súa participación; non creo que mentisen, seguro que se esperaba que puidese xogar mais ao final non chegou). Si houbo un acerto importante con Eriksson. Tamén lin ben o partido de Huskic, que parecía moi axeitado ás súas características, e a xornada complicada para os extras habituais Toolson e Iverson. Un Shields un pouco máis arriba no segundo banzo ou a inclusión de Okoye volveríalle outorgar o notábel. Con todo, o equipo ideal (con Kostas e Gentile) volvía dar para subir bastante.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Heurtel
Vildoza
Segundo banzo
Segundo escalón
Roberts
Albicy
Booker
Campazzo
Terceiro banzo
Tercer escalón
Van Rossom
Cook
Hannah
Pérez
Llull
Alocén
Ennis
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Brizuela
Shields
Toolson
Segundo banzo
Segundo escalón
Gentile
McFadden
Beirán
Okoye
San Emeterio
Terceiro banzo
Tercer escalón
Carroll
Claver
Eriksson
Cruz
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Tomic
Sutton
Brodziansky
Whittington
Segundo banzo
Segundo escalón
Todorovic
Gerun
Iverson
Voigtmann
Dubljevic
Huskic
Brown
Caner-Medley
Shermadini
Diagne
Burjanadze
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tavares
Jordan
A xornada está marcada por unha intensa semana europea, con dobre xornada de Euroliga e as semifinais de Eurocup decididas pola vía rápida (o Valencia disputará a praza para a Euroliga, non así o Andorra). Tamén podemos asistir aos regresos ilustres de Beirán e Norel (este máis testemuñal). Outra vez as bandeiras serán un crebacabezas.
Os bases ofrecen máis opcións ca outras xornadas, aínda que non están exentas de riscos. Non é fácil atopar unha bandeira con boas perspectivas.
primeiro banzo
primer escalón
Na ida contra o Valencia vimos un dos poucos tropezos de Laprovittola nesta tempada. Os laranxas non son unha defensa esixente no base e non hai motivos para dubidar do arxentino (case 22 de media a domicilio). Despois recibe a visita do Breo.
Heurtel estivo excelso nos últimos enfrontamentos contra o Real Madrid, tanto na Euroliga coma na Copa. A semana pasada logrou acadar a quincena a pesar de ter un día nefasto no tiro. A pouco que lle entren os lanzamentos deberiámolo ver en bos números. Despois ten un derbi de local contra o Manresa que non vai permitir moito relax.
Vildoza segue a medrar. As baixas no xogo exterior están a mantelo moitos minutos en cancha (arredor de 30 nas últimas semanas) e el está a responder (7 dos últimos 8 en 12 ou máis). Esta semana vai a Zaragoza (os maños son unha defensa media) e despois recibe a visita do Estu, que fóra da casa está a incomodar bastante os uns.
segundo banzo
segundo escalón
Roberts está nun bo momento de confianza (superou a decena en 7 dos últimos 8), fixo un gran partido na ida contra o Obra e Boatright mancouse a semana pasada, así que aínda que chegue (é dúbida) semella que terá que asumir máis protagonismo.
Albicy foi do melloriño na eliminatoria europea e o Gran Canaria é a defensa máis permisiva cos bases. Ademais, o francés sube o nivel de local. Despois non ten unha saída difícil a Donostia.
Booker vén de facer unha barbaridade (57.6, MVP da xornada) e vai xogar dous partidos seguidos na comunidade de Madrid contra rivais moi amábeis cos bases: Estudiantes e Fuelabrada. Pinta ben. Aínda que mellorou con Sito no banco, sempre supón certo risco porque non é o xogador máis regular.
O base máis interesante para esta xornada no Madrid é Campazzo. Descansou no partido da Euroliga do venres para chegar nas mellores condicións ao clásico e foi o mellor do Madrid na final da Copa (non así no máis recente encontro na Euroliga, onde quedou en negativo). Con todo, non o ficharía esta semana e apostaría por opcións con partidos máis favorábeis.
terceiro banzo
tercer escalón
Van Rossom segue a ser dous xogadores distintos esta tempada, o de fóra e o da casa. Nesta, de local contra unha Penya bastante amábel na posición debería seguir roldando a quincena. Despois debería saír, véñenlle dous seguidos a domicilio.
Aos seus 37 anos Cook é o xogador da liga que máis minutos xoga e está a moi bo nivel. De local ten 12 de valoración media e o Murcia non é unha defensa esixente a domicilio. É complicado que dea un pico (o Estu ten tres focos ofensivos moi importantes que absorben moito xogo), mais debería cumprir no rango 10-15.
Aínda que Hannah non deu o seu mellor nivel na dobre xornada da Euroliga, superou a decena nas tres últimas xornadas da ACB e vai a Andorrra, unha das defensas máis hospitalarias. Na próxima ten un partido máis complicado na visita do Valencia Basket.
Canarias e GBC atópanse en momentos opostos, os insulares están no peor tramo da tempada (0-4) e os donostiarras no mellor: dúas vitorias nos últimos catro, e en ambas con Pérez na vintena. Para poder loitar o partido, o GBC precisa o que seu base asuma protagonismo.
Este ano a Llull non se lle está a dar nada ben o Barça, aguanta ao fondo da listaxe pola súa bandeira, mais o ideal é darlle descanso esta semana.
Alocén xogará dous seguidos de local, onde case quintuplica os seus números até os 11 (14.4 e 25.2 nos dous últimos na casa), contra dous rivais de entidade: Baskonia e Unicaja. Carlos, unha das grandes promesas da ACB, non é dos que se asusten (de feito, ten mellor media contra as defensas máis duras). O Baskonia chega tras unha semana moi dura con xornada dobre na Euroliga e varias baixas no xogo exterior e o Unicaja é unha defensa moi amábel cos bases. É unha bandeira de interese para os que busquen a sorpresa.
Ennis queda ao fondo da listaxe. O xogador canadense non pasa por un bo momento: vén dun 0 da última xornada e non deu o mellor nivel na eliminatoria contra o Alba que deixou ao Andorra fóra da final da Eurocup. Ademais, o Granca recibe moi pouca valoración das ás. Se entra, e só para cazaxornadas, é porque na casa leva unha gran media (máis de 18) e se ten o día sabemos que conta cunha gran capacidade para sumar. Mais non parece unha opción sensata para equipos da xeral.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Non entra Fisher, porque a súa participación segue sen estar garantida.
Temos tres opcións fiábeis e máis dúbidas no xogador que completa a posición. Semella que precisamos incluír unha segunda bandeira, aínda que as opcións de cota non está exentas de risco.
primeiro banzo
primer escalón
Brizuela está en máis de 18 de local e enfróntase a un Murcia que fóra da casa fai máis concesións (aínda que segue a ser unha defensa competente). Na ida fixo un 13.2 (nun partido que non computou para o xogo). Despois ten unha saída moi complicada a Vitoria.
Shields está a un nivel fabuloso, a rotación exterior do Baskonia conta con varias baixas e o Zaragoza é unha defensa bastante hospitalaria na posición. Despois volve ter un partido moi favorábel na visita do Estu (peor defensa das ás).
Despois do recomendado descanso polo partido contra o Madrid (negativo), Toolson volve ser unha das ás principais esta xornada. Xoga de local contra un Burgos accesíbel nas posición e estaba en moi boa dinámica. Despois terá que visitar o Barça e aí xa comezan as dúbidas.
segundo banzo
segundo escalón
Gentile terá ganas de deixar atrás a expulsión da semana pasada. Desta volta enfróntase ao Murcia (18 na ida), contra os que poderá obter moita vantaxe no seu xogo ao poste. Despois ten unha saída dura a Vitoria.
Con Lapro e Todorovic fixos, que facemos con McFadden? Pois non vexo con malos ollos ir con tres da Penya esta semana. Máis importante que levar moitos xogadores do mesmo equipo (a semana pasada tiña a Llull, Campazzo e Tavares no meu, e a cousa non foi mal), son as circunstancias particulares. No Canarias era máis difícil que puidesen valorar ben ao tempo McFadden, Beirán e Iverson, porque o ritmo de xogo dos insulares é bastante máis baixo; a Penya está a xogar máis rápido e vén facendo moi boas valoracións conxuntas. O partido da semana pasada non é unha referencia fiábel (porque Thad non vai ter sempre tanta puntaría), mais si que é unha peza que lle facía falla ao Joventut, trátase dunha ameaza no lanzamento exterior e ademais pode descargar a Laprovittola na suba da pelota, así que vai ter moitos minutos por partido; ademais, adáptase mellor a un ritmo alto. Conta con esa incerteza propia dos primeiros partidos nun equipo, mais vimos que segue en plena forma, coñece a liga e o Valencia é dos equipos que máis conceden na posición. Despois vólvese enfrontar a unha das peores defensas na posición (a domicilio): o Breo. A min paréceme que ten boa pinta a dúas xornadas, mais xa sabedes que son da Penya e podo estar a pecar de optimismo.
Semella que esta será á fin a semana do regreso de Beirán. O Canarias debe recuperar a senda da vitoria axiña (xa están oitavos) e non creo que teñan moito interese en que o seu tres estrela chegue sen ritmo ao primeiro partido de cuartos da Champions (incluso deron de baixa a Brussino, mostra de que Javi vai ter minutos), así que non parece unha loucura pensar nel para esta semana. O GBC é un dos equipos que máis reciben na posición (18 na ida) e Beirán na casa era infalíbel (21 de media). A súa bandeira ten moito valor. O que máis nos pode botar para atrás e o partido da vindeira semana (xa metidos na eliminatoria europea) outra vez de local contra o Real Madrid (6 na ida). Aínda que se está recuperado, creo que incluso contra os brancos debería estar por riba da decena.
Okoye leva dous partidos a gran nivel (os dous posteriores á inescusábel expulsión contra o Canarias) e agora volve a xogar na casa (case 18 de media) contra o Baskonia, que é unha das mellores defensas na posición. A pesar da dureza do rival o xogador con pasaporte nixeriano debería cumprir: ten moitos minutos e importancia no equipo, as súas porcentaxes de local melloran moito e o Zaragoza na casa transfórmase (leva un 7-2 no Príncipe Felipe con Okoye na cancha). A semana que vén repite de local contra un rival moi favorábel: Unicaja.
San Emeterio pasa por un bo momento e a Penya non é mal rival na posición. O gran problema é que estamos nas mesmas que hai dúas semanas, o Valencia vén de dous partidos europeos (xa ten o traballo feito e poderá descansar esta semana) e xoga na casa, así que se volven decidir darlle descanso non o saberemos antes do feche de cambios. Iso xera unha incerteza que complica a súa inclusión.
terceiro banzo
tercer escalón
Carroll de local adoita superar a decena e no último enfrontamento na casa contra o Barça, o da Euroliga, foise aos 18. Nas ás é onde a defensa do Barça resulta máis amábel. Despois temos que vendelo, véñenlle dous partidos lonxe de Madrid e fóra baixa moito a súa achega.
Claver está nun gran momento e acadou a vintena na final de Copa contra o Madrid. Non é das opcións fiábeis porque a súa valoración flutúa moito, mais pode ser unha bandeira sorpresa para cazaxornadas.
Esta semana non pensaría na fichaxe de Eriksson, que aínda que pasa por un bo momento, fóra da casa segue a amosar unha cara moito peor. Se xa o temos no equipo e contamos con cambios máis urxentes, podemos mantelo: o Andorra ten unha das defensas máis permisivas na posición e se o sueco ten o día no lanzamento pode facelo ben. Despois véñenlle dous partidos de local, primeiro contra un Valencia que recibe bastante das ás e despois contra o temíbel Real Madrid.
Lugo non está a ser un lugar hospitalario coas ás e Cruz baixa moito lonxe de Fuenlabrada. Porén, pode ser unha opción para cazaxornadas: vén de dar unha exhibición na vitoria contra o Valencia, foise á trintena na ida e o seu perfil é o que máis lle está custar defender ao Breo. A semana que vén recibe o Murcia.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Kostas non adestrou outra vez en toda a semana; aínda non é baixa confirmada, pero semella unha opción de risco excesivo. Eyenga está moi ben, non me parece mala opción para cazaxornadas, pero fóra baixa a súa media a menos da metade.
Coma sempre, é a posición que ofrece máis e mellor. Debemos sopesar a inclusión dunha segunda bandeira, e aí as opcións non son tan fiábeis.
primeiro banzo
primer escalón
Tomic chega nun gran momento ao encontro contra un ex que non se lle dá nada mal: asinou 17 na final de Copa e foise aos 28 no inda máis recente encontro de Euroliga contra os brancos. Un 17 é o seu chan nas últimas catro saídas entre ACB e Euroliga.
En Manresa adoitan facer máis dano os catros (aínda que é unha defensa accesíbel en xeral para o xogo interior), así que Sutton ten unha xornada moi favorábel para regresar á vintena. Máis complicada será a visita dun Obra que defende bastante ben a posición, aínda que o norteamericano xa demostrou que pode valorar ben contra calquera.
Brodziansky superou os 25 en tres dos últimos 4 partidos e tamén na ida contra o Unicaja (os malagueños non son unha defensa esixente no 5). Despois volve xogar fóra contra o Burgos, que é das defensas interiores que máis reciben. O único pero que hai que poñerlle é que a súa media a domicilio baixa en máis de 6 (aínda que é un xogador que está a ir a máis).
Whittington ten un partido moi favorábel esta semana contra un Murcia que é o equipo que máis recibe na posición fóra da casa e ademais chega coa baixa de Tumba. No partido aprazado da segunda xornada contra eles acadou a vintena (se lle sumamos o bono por vitoria). Iso si, sería fichaxe para unha xornada, porque despois vai a Vitoria. Des que está no Estudiantes non baixou dos 12 de local.
segundo banzo
segundo escalón
Todorovic ten unha saída moi complicada, aínda que xa demostrou noutras ocasións (incluída a ida) que non baixa o rendemento de forma apreciábel nos partidos complicados. Coido que debe seguir nos equipos.
Gerun está a ser o mellor (4 xornadas consecutivas en 15 ou máis) nun Breo en situación crítica. O Fuenla é un dos equipos que máis reciben por dentro (10.8 na ida). Despois ten unha saída moi complicada a Badalona e deberiamos darlle descanso. Se Norel conta con algúns minutos debería ser a conta súa.
Tralo descanso da última xornada (baixou da decena após unha morea de semanas sen facelo), Iverson volve ser unha das opcións destacadas. Xoga de local (case 20 de media) contra unha defensa amábel na posición (GBC), á que lle fixo 15 na ida. O único que fai que non estea no primeiro nivel é a visita do Madrid da vindeira xornada (8 na ida).
Voigtmann chega a Zaragoza en estado de graza e ademais dobra os seus números a domicilio (21 de media). Porén, os maños na casa son unha defensa interior moi complicada, que apenas permitiu picos esta tempada. Á quincena debería chegar, o que abonda para quedar con el, mais á hora de fichar hai pivotes con partidos máis fáciles e sen tanta carga (vén de dobre xornada de Euroliga). Máis fácil o terá a semana que vén de local contra o xogo interior do Estu.
Dubljevic descansou máis do que tocaba no partido do venres por una pronta expulsión, así que chega con menos carga da esperada á loita pola cuarta praza coa Penya. Fixo un partido moi bo na ida, aínda que produciu moito na tripla, algo que, inda que ten boa man, non é o habitual. Se procuramos un pico xérame algunhas dúbidas, Todorovic é mellor defensor do que parece, mais debería cumprir na quincena sen moitos atrancos.
Huskic non ten mala saída a Manresa (14 na ida) e vén de facer un gran partido na última xornada. A semana que vén xa non pinta tan ben na visita do Obra.
Brown baixou o nivel nos últimos tempos (2 semanas sen acadar a decena), pero pode ser unha das chaves da xornada. O Breo precisa a súa mellor versión, xogan na casa (máis de 18 de media) e o seu rival, Fuenlabrada (22.8 na ida), é un dos equipos máis amábeis cos cincos (Alec ten máis de 20 de media contra as peores de defensas). É unha fichaxe para unha xornada, porque despois vai a Badalona (-1 na ida).
Tamén para un partido é a fichaxe de Caner-Medley (porque a que vén vai a Vitoria). Enfróntase a un Murcia moi feble no xogo interior e que esta tempada só sumou unha vitoria a domicilio. Fixo 22.8 na ida.
Shermadini tivo un partido discreto na ida contra o Obra, que ademais é unha boa defensa interior, pero o xeorxiano na casa está a subir moito o nivel: case 4 máis de media e pasou dos 25 nos tres últimos partidos como local. A súa continuidade non será sinxela a semana que vén, vai fóra (onde non está tan ben) e enfróntase ao Zaragoza, que de local é unha defensa moi incómoda para os interiores.
Diagne non mantivo en Europa o gran nivel exhibido na liga. Agora volve xogar de local (15 de media) contra un Gran Canaria que recibe moito na posición. Despois viaxa a Donostia para enfrontarse a un GBC en crecemento.
Empezamos a ver o Burjanadze ao que apuntaba antes da gravísima lesión que o tivo fóra das canchas todo o curso pasado. Nos últimos 4 fixo 20 ou máis en 3. Está a ser a estrela do mellor GBC da tempada. Esta semana enfrontarase (por vez primeira des que chegou á ACB) a un Canarias nun momento de dúbidas. Está a mellorar tamén fóra da casa (acadou a vintena nas dúas últimas saídas), conta con moitos minutos en pista e o Canarias é unha defensa media na posición (Sutton acadou a trintena alí hai escasas semanas). Outro dos seus grandes atractivos é o calendario: despois véñenlle dous partidos de local (16 de media e subindo) contra dous rivais que non destacan pola súa defensa interior (Estudiantes e Andorra).
terceiro banzo
tercer escalón
Tavares atópase nun gran momento e na ida fixo 16 (e tamén na primeira volta da Euroliga estivo a bo nivel), mais nos últimos partidos contra o Barça as cousas non lle foron ben: 4 na Copa e 6 na Euroliga. Descansou contra o Baskonia este venres. A volta de Ayón tampouco xoga ao seu favor (a súa ficha está desactivada, mais o normal é que a volvan dar de alta o sábado ás dúas).
Como opción sorpresa para cazaxornadas temos a Jordan. O xamaicano foi o interior que máis produciu na eliminación europea e o Gran Canaria é amábel na posición. Non se atopa máis arriba porque non está a dispoñer de moitos minutos.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Esta semana Llovet queda fóra. O extra de motivación contra a Penya converteuse en obcecación e tócalle viaxar (os seus números baixan fóra) para enfrontarse a un Unicaja contra o que non estivo ben na ida. Abromaitis xa non é o de hai un par de meses, a semana que vén recibe a visita do Madrid e nesta terá que enfrontarse contra o GBC (3.6 na ida) do renacido Burjanadze. Poirier baixa moito fóra e ademais enfróntase ao Zaragoza, que mellora moito de local a súa defensa interior; así que esta semana tócalle descanso. Norel podería regresar a unha convocatoria esta semana (está dado de alta), mais nin sequera se sabe se en realidade está para volver xogar, as dúbidas sobre o seu estado físico son moi grandes. Will Thomas non entra desta volta. Xa demostrou que con el nunca se pode descartar un bo partido, así que a súa opción para cazaxornadas sempre está aí, mais leva bastante carga dos partidos europeos, está nun momento máis baixo nunha tempada fantástica e a Penya non é dos rivais máis sinxelos. Seguro que antes de que remate a tempada volverá ter o seu momento.
En Andrómenas acertei coas entradas e os 165.4 valen para recuperar algunhas posicións: 1390 até o 8497º da xeral. Arranxa pouca cousa. O obxectivo do arranque era un Top 1000 que xa hai tempo que non é posíbel.
Non teño moito que perder. Vou darlle entrada xa a Beirán (por Eriksson), Shields entra no sitio de Kostas e sae Llovet para darlle entrada a Beqa coa intención de mantela algunha semana máis.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira é unha fotografía de Peter Cziborra para a axencia Reuters.