A xornada comezará o mércores ás 12:15 co Estudiantes-Unicaja… mais o groso da mesma vaise disputar a fin de semana. Ademais, antes dos partidos do sábado e do domingo, xogaranse os encontros adiados Barça-Baskonia e Murcia-Madrid e tamén o Efes-Barça da Euroliga. Iso supón que esta xornada imos xogar ás cegas: se hai lesionados nos partidos aprazados ou na Euroliga non poderemos facer nada, tampouco podemos ter eses encontros en conta para sacar conclusións, as fichas dadas de alta e baixa chegarán xa coa xornada fechada… Será unha semana aínda máis aleatoria do habitual. Non se entende que o Estudiantes-Unicaja compute, cando todo tería máis sentido e sería máis xusto se ese partido quedase excluído.
Esta foi unha gran xornada porque a Penya gañou no Olímpic ao Barça despois dunha década. O resto, xa tal. No meu mellor sigo cunha xeira incríbel de infortunios (desta volta tocou a lesión de Brizuela que entrou por Eriksson) e cos 153.6 puntos baixo ao 598º da xeral (máis de 100 postos perdidos). En cinco xornadas de caída libre pasei do 227º (e co Top 100 a unha distancia accesíbel) a saír incluso do Top 500. Non lle hai moito que facer xa a tempada, o interese agora está en ver con que novo desastre sorprende a 30ª xornada.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Campazzo (25.2)
Heurtel (11)
Segundo banzo
Segundo escalón
Laprovittola* (4.8)
McCallum (17)
Díaz (21.6)
Pérez (28.8)
San Miguel* (6)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Hannah (15.6)
Cook (20)
Booker (45.6)
Alocén (2)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán* (13.2)
Shields (18)
Okoye (19)
Brizuela (0)
Segundo banzo
Segundo escalón
Hanga (4)
San Emeterio (14.4)
Lundberg (16)
J. Fernández (7.2)
Eriksson (31.2)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tomàs (2)
Claver (0)
Singler (-)
Yusta (-)
Causeur (4.8)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Burjanadze (10.8)
Iverson* (16.8)
Todorovic* (14.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Dubljevic (20.4)
Poirier (24)
Whittington (8)
Tavares (25.2)
Wiley (20.4)
Shengelia (43.2)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Gerun (14)
Soko (8.4)
Diagne (17)
Brodziansky (11)
Sakho (10)
As análises das xornadas non están a resultar tan desatinadas como os resultados do meu mellor equipo. En semanas pasadas viamos moito verde (cos poucos vermellos no meu equipo) e nesta, alén de Brizuela (e nunha análise non podes anticipar que se vai lesionar), as eleccións principais van en verde e todas as opcións para completar o xogo interior agás Whittington fixérono moi, moi ben; as bandeiras propostas nos bases tamén funcionaron…
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
McCallum
Segundo banzo
Segundo escalón
Booker
Albicy
Pérez
Heurtel
Díaz
Terceiro banzo
Tercer escalón
Van Rossom
Rowland
Campazzo
Bellas
Ennis
Cook
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Shields
Okoye
Cruz
Segundo banzo
Segundo escalón
San Emeterio
Clavell
M. Thomas
Eriksson
Eyenga
Terceiro banzo
Tercer escalón
Doyle
Cancar
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Shengelia
Poirier
W. Thomas
Segundo banzo
Segundo escalón
Dubljevic
Diagne
Burjanadze
Soko
Terceiro banzo
Tercer escalón
Gerun
Wiley
Llovet
Tavares
Tobey
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Valencia – Breogán
Ao Valencia sópranlle ventos favorábeis (está a gañar con solvencia, asegurouse a praza de Euroliga e ten o 4º posto na man) e o Breo ten moito que remar, mais dáse o paradoxo de que descendeu ao derradeiro posto da clasificación cando se lle nota bastante melloría respecto a semanas atrás. McCallum volveu superar a quincena contra o Madrid e agora ten un partido máis favorábel contra un Valencia que no un é unha defensa media (despois recibe a visita do Canarias, que non é unha defensa esixente). Outra vez deberiamos velo arriba da quincena. Van Rossom de local cobra máis interese (14 de media) e ten por diante un bo partido. Aínda así non é das opcións máis atractivas porque igual Diot xa volve estar dispoñíbel e despois vai ao Blaugrana. Os afoutos poden pensar en M. Thomas para marcar diferenzas, de local dobra os seus números até os 13, a súa porcentaxe de triplas na casa está case no 60% e o Breo dá moitas facilidades na posición (despois hai que vendelo). San Emeterio é unha opción sólida: ten os minutos garantidos pola baixa de Abalde e superou a decena en 5 dos últimos 6 que computaron para o SM. No interior hai bastante diferenza: o Valencia é das mellores defensas e o Breo das peores. Así que Gerun non ten o partido máis atractivo, o normal é que volva roldar os 10-15 porque está moi sólido, mais iso non creo que abonde esta semana. W. Thomas está a xogar moitos minutos (superou a trintena no último, con Doornekamp xogando moitos dos seus minutos no 3) e a gran nivel (superou a vintena nos dous últimos e roldouna no aprazado). Dubljevic está descansar máis ca noutros tramos da tempada (menos de 20 minutos na última), pero aproveitounos moi ben tanto nesta última como no aprazado contra o Unicaja (ambos na vintena) e o Obra non ten xogadores que o poidan parar. A visita ao Barça da semana que vén é pouco favorábel sobre todo para o montenegrino. Para cazaxornadas podemos considerar a Tobey, que roldou a vintena nas dúas últimas.
Baskonia – Manresa
A dureza do partido para os do Bages fai que ningún dos seus xogadores me parezan opcións atractivas para esta xornada. No Baskonia hai máis que rascar. Todos os días que inda restan para o partido fan que haxa demasiada incerteza nos bases como para pensar neles (estará Vildoza de volta?). Calquera dos dous valería para cazaxornadas, pero para equipos da xeral miraría outras opcións. Nas ás segue Shields como fixo contra un Manresa que é amábel na posición (e na vindeira ten unha saída favorábel a Donostia). Por dentro tanto Poirier (que agora mesmo é imparábel e de local non adoita fallar) como Shengelia (vén dunha exhibición e a súa bandeira esta semana pesa incluso máis) parecen das mellores opcións e teñen un gran calendario por diante. Hai que ter en conta que antes da xornada e cos cambios xa fechados van xogar un partido moi complicado contra o Barça e hai certo risco de que iso derive nalgún descanso a fin de semana (porén, até o de agora Peras non está a ser dos técnicos que rotan).
Gran Canaria – Barça
Os culés van ter que xogar tres partidos en moi poucos días, así que as rotacións son indispensábeis. Só me fiaría, e non moito, de Heurtel, porque o Barça só ten dous bases e a defensa no un do Granca non é esixente, mais tampouco sería estraño que dese descanso a un deles e xogase de base Ribas. Noutras posicións o Barça ten unha rotación longa e acertar sería puro azar. Para o Granca é un partido moi complicado, o Barça concede moi pouco e só vexo, como opcións de risco, a Eriksson e Wiley. Nas ás é onde o Barça é un pouco máis accesíbel, o sueco na casa aumenta a súa media e porcentaxes e se ten o día pode dar un pico case contra calquera; porén, se non está atinado na tripla, non ten capacidade para sumar valoración por outras vías (vai ser complicado que repita o 7 de 11 da última xornada). Harangody vén de facerlle moito dano ao Barça no catro, os minutos que xogue aí Wiley serán nos que teña máis opcións de sumar (o seu chan está en 9.6 esta tempada).
Andorra – Obradoiro
Os do Principado teñen que gañar se non queren quedar descolgados da loita polo Playoff e o Obra precisa gañar após 4 derrotas seguidas se non quere meterse na disputa por eludir o descenso. Albicy está no mellor momento da tempada, acumula un mes sen baixar da decena, na casa mellora as súas prestacións e vén de facer un fabuloso 14-14 en puntos e asistencias. Despois vai a Manresa, que é unha defensa amábel cos bases. Ennis xa non invita a pensar nel, non está nun bo momento e hai tempo que non dá un dos seus picos; porén, na casa sempre é opción para cazaxornadas. Con tantos días por diante e sen saber o estado físico no que se atopan, tampouco pensaría nas ás do Obra: Kostas non acaba de recuperar a súa mellor versión, Singler foi baixa por sorpresa (aínda que viaxou) e da de Simons si a soubemos a tempo. Por dentro o interese céntrase nas bandeiras. Diagne está no mellor momento da súa carreira (leva dous meses sen baixar da decena) e na casa aínda aumenta o seu nivel (16 de media na tempada e máis de 20 nos últimos 5). Non ten mala saída na próxima. Llovet fixo 14 ou máis en catro dos últimos cinco e o Andorra é un rival favorábel para el (acadou a vintena na ida). Despois ten un bo partido de local (3 máis de media) contra un Granca que dá facilidades na posición.
Murcia – GBC
Encontro dramático entre dous equipos igualados a vitorias no fondo da clasificación. O Murcia terá antes o aprazado contra o Madrid, no que será complicado que logre sacar algo positivo. Os focos están en Booker, flamante MVP da última xornada (45.6 con 40 puntos e 9 de 18 en triplas). O GBC non é un equipo esixente na posición (está a facelo ben sobre todo contra as defensas permisivas) e tampouco ten mala saída na próxima a Badalona. O problema con el é a súa irregularidade: todas as veces que superou a vintena este ano, na seguinte non acadou sequera a decena (en varias delas incluso quedou en negativo). Así que hai unha compoñente de risco. Outro dos destacados, o MVP da xornada anterior, é o seu par: Dani Pérez. O base catalán medrou moito este ano e vén de facer o mellor mes da súa carreira (26 de media). O Murcia é dos que menos encaixa como local na posición, aínda que agora ten un ritmo máis alto e non hai que descartar un intercambio de golpes entre Pérez e Booker, como tiveron en anteriores xornadas con Lapro ou Lundberg. Despois cómpre darlle saída no derbi contra o Baskonia. Nas ás non hai ningún interesante para equipos da xeral, aínda que para cazaxornadas podemos pensar en Doyle, o GBC concede moito e o norteamericano é un xogador inconsistente pero con calidade. Por dentro o interese está no 4. Soko viña en bo momento e, de non ser expulsado, volvería ter valorado moi ben na pasada (case saíu a punto por minuto nos apenas 9 que disputou). Na ida rozou a trintena. Beqa non tivo o seu mellor día no lanzamento (1 de 5 en tiros de 2) na última e iso fixo que valorara por baixo do esperado (aínda que acadou a decena). É o líder do equipo e na ida superou a vintena (despois será o momento de darlle descanso contra o Baskonia).
Fuenlabrada – Zaragoza
O Zaragoza terá a oportunidade de dar caza á Penya (que xa perdeu no seu partido adiantado da xornada) na sétima posición se gaña na cancha dun Fuenla que aínda non se pode relaxar. Ambos os dous son dos que máis reciben no base. No Zaragoza fóra non vexo opción fiábel, mais no Fuenla temos unha bandeira interesante (Bellas superou a decena nos tres últimos partidos) e Rowland está a facer bos encontros até que logra convencer os managers e entón pincha (a última vez foron tres bos seguidos e esta leva 2). O encontro vai estar marcado polo duelo de dous xogadores nun momento moi doce (e que ademais son os máximos anotadores da liga tras Laprovittola). Van ter moitas facilidades para valorar porque ambos equipos son moi permisivos por fóra. Cruz superou a decena en 6 dos últimos 7 (en 2 deses acadou a trintena) e na casa mellora os seus números até os 14 de media. Na ida foise á quincena. No Zaragoza o que manda é Okoye. O xogador con pasaporte nixeriano non baixou da decena nos últimos 8 partidos, está a ser unha ameaza dende a tripla (o que lle permite sacar aínda máis partido ao seu físico nas penetracións) e cando as cousas se complican bótase o equipo ás costas. Eyenga está a exhibir moita regularidade (5 seguidos entre 12 e 18) e neses números debería seguir. Por dentro tamén reciben moito, aínda que non vexo opcións claras (igual Tay Williams para cazaxornadas).
Burgos – Madrid
O Burgos ten un partido moi complicado e é difícil pensar nalgún dos seus xogadores. Só apunto a Cancar para cazaxornadas, o Madrid na ida tivo moitos problemas para defendelo (23 de valoración), aínda que está nun momento bastante gris. Nos brancos a incógnita é total, teñen un partido previo e se cando sabemos con que convocatoria vai xa temos levado algunha sorpresa desagradábel, nesta ás cegas… O Facu semellaba fiábel, mais Llull está a piques de volver e o arxentino leva moita carga, non me estrañaría que Laso lle dese descanso (ou non, calquera sabe que pasa pola súa cabeza). Creo que pensar nos xogadores do Madrid nestas circunstancias é xogar á lotería, así que os deixaría para cazaxornadas. Para eses equipos, os que poden ter interese son as bandeiras: Llull, Rudy e Tavares.
Estudiantes – Unicaja
O partido adiantado, que complica tanto toda a xornada no SM, non ten un gran atractivo para o xogo. O Estu perdeu os seus mellores xogadores por lesión e xa estaba a transmitir moi malas sensacións. Só está unha vitoria sobre o descenso e por xogo é o que peor pinta. No Unicaja Jaime anda moi lonxe do seu mellor nivel e o seu xogador máis interesante agora para o SM, Díaz, fóra da casa baixa bastante. Emporiso, está moi ben e o Estu concede bastante na posición, así que entra na listaxe con esa desconfianza pola baixada de 9 de valoración media lonxe do Carpena. A defensa de Díaz réstalle atractivo a Cook, que está a asumir protagonismo anotador polas baixas e queda só para cazaxornadas nesta. Un dos xogadores que pode marcar a semana, para mal ou para ben, é Clavell. Coa baixa das referencias anotadoras do Estu vai asumir moitísimos lanzamentos (12 xa nesta última). Se ten o día vai dar un pico (o Unicaja non é das defensas máis esixentes), se non, vaise marcar un negativo de época. Por dentro ningún me esperta confianza como para pensar neles para equipos da xeral.
En Andrómenas as cousas quedaron máis ou menos igual de mal, baixada de 200 postos (que estando tan atrás é unha flutuación mínima). 159.6 puntos e 9531º da xeral.
Con nada que perder e sete cambios dispoñíbeis esta semana, hai que arriscar un chisco.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao concurso de mates da NBA de 1992, no que Cedric Ceballos machacou cos ollos vendados.